Convocatoria vagas "Painel VA"

01 Jul 2011

A seguir disponibilizamos a convocatoria de vagas de "painel" para Vixilancia Aduaneira que nos acaban de remitir de Recursos Humanos. No día de hoxe tentarán que estexa disponível na Intranet. O prazo de apresentación de instancias acaba no día 8 de xullo.

Disponibilizamos tamén o escrito que apresentamos hai días, tanto a Recursos Humanos como a Vixilancia Aduaneira, para que fosen ofertadas todas as vagas das Bases de VA da Galiza. Estamos en contato con Vixilancia Aduaneira para que nos den as explicacións a respeito, pois só son ofertadas vagas en Vigo (para C1) e en Muros (para A2).

  • Oferta vagas painel VA [PDF | 1.9 MB]
  • Escrito CIG AEAT [PDF | 382 KB]
  •  

    Aprobados Axentes Facenda Pública e CTH (promoción interna-conv 2010)

    29 Jun 2011
    Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

    Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

    No BOE de hoxe tendes a relación de aprobados dos Axentes de Facenda Pública e do Corpo Técnico por promoción interna, correspondente á convocatoria de 2010.

     

    Listados definitivos Painel Axentes Facenda Pública

    29 Jun 2011
    Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

    Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

    Informamos que já están a ser disponibilizados o listados definitivos do Concurso-painel de Axentes de Facenda Pública. Até 24 de xuño houbo prazo para renunciar.

    Calquer cousa contatai connosco!

     

    Pagas extras e complementos 2011

    22 Jun 2011
    Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

    Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

    A seguir recuperamos um ficheiro aclaratorio sobre as retribuicións en 2011. Lembrai que, de acordo coa Lei de Presupostos do Estado para 2011, hai unha redución das contías do salario base e nos trienios a respeito dos pagamentos ordinarios.

    Aproveitamos tamén para incluir a relación de complementos específicos segundo os tramos de carreira administrativa.

     

    Listados provisorios Painel Axentes Facenda Pública

    20 Jun 2011
    Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

    Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

    Informamos que já están a ser disponibilizados o listados provisorios do Concurso-painel de Axentes de Facenda Pública. Até 24 de xuño há prazo para renunciar.

    Disporemos dos listados provisorios atualizados. Calquer cousa contatai connosco!

     

    Área Pública da CIG manifesta o desacordo coa decisión do TC e continuará na luita pola defensa dos direitos dos traballadores

    15 Jun 2011

    Diante do aval do Tribunal Constitucional ao corte salarial aplicado ás empregadas e empregados das administracións

    A Área Pública da CIG vén de anunciar que continuará adiante co defensa dos direitos das empregadas e empregados públicos e na luita contra os cortes que nos últimos tempos vén padecendo este colectivo.

    A afirmación chega depois de se coñecer o auto do Tribunal Constitucional polo cual non admite a trámite a cuestión de inconstitucionalidade promovida pola Sala do Social da Audiencia Nacional en relación coa aplicación da rebaixa salarial aos/ás traballadores/as da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e Real Casa da Moeda (FMNT-RCM).

     

    Datas e horarios da Marcha Galega polo Emprego

    14 Jun 2011

    Rumo a Santiago de Compostela

    A Marcha Galega polo Emprego [web especial] que organiza a Confederación Intersindical Galega finalizará cunha manifestación nacional en Santiago de Compostela o vindouro 3 de xullo. Días antes os participantes patirán das distintas comarcas para percorrer a pé a distancia até a capital da Galiza. Consulta a continuación os lugares de saída, as datas e os horarios.

    Lugares, datas e horarios de saída:

    Vigo: 30 de xuño dende Gregorio Espino (local da CIG.

    A Coruña: 30 de xuño ás 10.00 horas dende Alfonso Molina (local da CIG).

    Cee:
    30 de xuño ás 10.00 horas dende O Son (local da CIG).

    Pontevedra:
    1 de xullo dende Pasantería (local da CIG).

    Ferrol:
    29 de xuño dende a Avenida de Esteiro (local da CIG).

    Lugo:
    29 de xuño dende a Ronda da Muralla (edificio sindical).

    Ourense: 29 de xuño ás 9.30 horas dende o Pavillón dos Remedios

     

    Horario de verao 2011

    14 Jun 2011
    Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

    Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

    A seguir disponibilizamos nota informativa sobre o horario de verao, que comeza a partir desta quinta-feira ("xoves"), dia 16 de xuño, e finaliza no dia 15 de setembro (incluído).

     

    Novo diretor xeral da AEAT

    13 Jun 2011
    Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

    No BOE deste pasado sábado tendes o cesamento do diretor xeral da AEAT que pasa a ser secretario de Estado de Facenda. O novo diretor xeral da AEAT é Jose Mª Messeguer Rico, que até agora ocupaba a vaga de diretor do Departamento de Recadación.

     

    Acción Social (info e prazos)

    10 Jun 2011

    Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

    A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión de onte de Acción Social. Lembrai que nos próximos dias finaliza algún dos prazos das axudas.

     

    Aprobados especialidade tributaria no BOE

    10 Jun 2011

    No BOE de hoxe foran publicadas as resolucións cos aprobados da especialidade tributaria. A seguir disponibilizamos a ligazón para ler ou descarregar as ditas resolucións:

     

    CIG lanza Marcha Galega polo Emprego

    10 Jun 2011

    Acabará 3 de xullo en Compostela cunha manifestación nacional

    A CIG apresentou onte de mañá, en conferencia de imprensa, a Marcha Galega polo Emprego, unha gran mobilización en que se agarda que participen desempregados/as de toda Galiza. Os participantes na marcha percorrerán a pé o País, partindo inicialmente das cidades, no día 29 de xuño, para acabaren a 3 de xullo en Compostela, cunha manifestación nacional.

    Con esta marcha preténdese sensibilizar a poboación ante o grande problema que implica o desemprego e exixir o andamento de toda unha serie de medidas que permitan o crescimento económico e a criación de emprego, face as políticas neoliberais aplicadas até agora, que provocaron unicamente a precarización das condicións laborais.

    A marcha demanda a criación dun Salario de Inserción Social para garantir que os desempregados que non cobran xa nengunha prestación, uns 40% do total, non caian "na pobreza e na marxinalidade"

     

    Vagas axentes tributarios (painel AEAT)

    08 Jun 2011
    Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

    A seguir disponibilizamos a oferta de vagas de mobilidade para Axentes Tributarios que sairá nestes días na Intranet e que nos acaban de facilitar de Recursos Humanos.

    Da CIG apresentaremos unha queixa por escrito posto que, a pesar de haber vagas na Galiza e na zona norte, non é ofertada nen unha única.

     

    Publicación no BOE da resolución dos concursos de Vixilancia Aduaneira

    08 Jun 2011

    Hoxe foi publicada no BOE a resolución dos concursos de Vixilancia Aduaneira, tanto de Axentes como do Corpo Executivo, que foran resolvidos hai unhas semanas.

     

    Reunión da da Mesa de Formación

    03 Jun 2011
    Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

    Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

    A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a Mesa de Formación que tivo lugar onte.

     

    << 1 ... 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 ... 79 >>