A CIG continuará coas mobilizacións en contra dos cortes que estabelece o novo "acordo social"

03 Fev 2011

A central convocará novos actos de protesta nas vindouras semanas coincidindo coas tramitacións parlamentares das medidas

Face ao cenario que debuxan os continuos cortes e a asinatura do acordo económico e social, a CIG vai manter a súa postura mobilizadora, pola dignidade e de enfrentamento aos ataques contra a clase traballadora, polo cual nas vindouras semanas convocará novos actos de protesta.

“A folga do 27 de xaneiro demostrou que hai un sector importante da poboación que está en contra do engano que supoñen todas estas reformas. A CIG vai tentar mobilizar a todas aquelas persoas que estean dispostas a responder a estes ataques”, aseverou o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo.

- Clica aquí para visualizar ou descarregar o díptico sobre o acordo das pensións.

- Consulta aquí ou descarrega o Boletín Sindical nº18 no que se valora a incidencia da xornada de greve xeral de 27 de xaneiro.

- Mais info: xornal dixital Avantar

 

Cursos Formación Continua 2011

03 Fev 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión do Plano de Formación Continua que tivo lugar onte, así como da relación de cursos a seren ministrados neste ano.

 

Rascuños Concursos de Vixilancia Aduaneira

31 Jan 2011

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Disponibilizamos rascuños ("borradores") dos concursos de Axentes (2011 A01) e do Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira (2011 A02) que proximamente serán publicados no BOE. Se precisardes algunha aclaración, contactai connosco.

 

CIG-AEAT apresenta propostas para o plano de formación continua de 2011

28 Jan 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos o escrito apresentado pola CIG AEAT coas propostas para o plano de formación continua de 2011.

 

Acción Social 2011 e mais

28 Jan 2011

Como ponto previo da reunion de onten, 27 de xaneiro, foi-nos entregue a memoria do gasto de Acción Social de 2010. Do crédito inicial temos un sobrante de 200.269 € que se devolveron ao Tesouro.

Do ano 2010 ficam pendentes de pagar aproximadamente 215.000 € en axudas que irán con cargo ao orzamento de 2011. Este pagamento irá no ordenado de febreiro e serán para pagar aquelas axudas que ficaran do mes de decembro, asi como as correcións e rectificacións que foran admitidas no dito mes.

Para o orzamento de 2011, aínda en princípio só se contaba con 7.000.000€ para Acción Social, mais a propria direcion da Axencia fixo unha modificación orzamentar (donde veu o diñeiro?), elevando o montante para 9.329.000 €, que son, aproximadamente, 5% menos do que no 2010.

Ficou na agenda falarmos do Plano de Acción Social de 2011 nos días 8 e 9 de febereiro, esperamos que nos fagades chegar as vosas propostas ao respeito.

 

Campaña de Renda 2010

26 Jan 2011

A Administración apreséntanos unha proposta para a Campaña da Renda similar ao do ano 2007, cun corte de 5% nas retribucións.

Ademáis, infórmanos que o atendimento personalizada ao contribuinte será realizado de 3 de maio até 30 de xuño, sendo que no mes de abril só serán atendidos rascuños (borradores) por telefone ou internet.

O obxectivo da Administración é que os 144.000 contribuíntes que o ano pasado foron atendidos no mes de abril sejan atendidos este ano nos meses de maio e xuño, ben sexa abrindo máis tardes ou ben abrindo algúns sábados, ainda sen determinar.

Pola nosa parte fixemos constar que é preciso actualizar as verbas económicas, dar máis formación, regular os horarios e folgas dos traballadores con PVD, etc. Estas propostas serán apresentadas (mais unha vez) por escrito á Administración.

A seguir disponibilizamos a proposta apresentada pola Administración.

 

Algunhas cuestións de Recursos Humanos

26 Jan 2011

Comos sabemos que há muitos/as compañeiros/as esperando para tomar pose de diversas vagas "gañadas" por promoción interna e tamén todos estamos esperando polos poseis concursos "prometidos", fixemos as oportunas consultas en Madrid, e este é o resultado:

* Toma de pose de promoción interna/libre:

- En febereiro entrarán en práticas os novos Axentes de Vixilancia Aduaneira.
- Resto: non teñen nengunha previsión (ou non a queren dicer).

* Concursos:

- De momento queren resolver o do CTH e calculan que para marzo poderán comezar a traballar no resto dos concursos previstos (Axentes Tributarios, Axentes V.A., Auxiliares e Xeral Administrativo).

* Carreira administrativa:

- De momento non saben o que van facer. Está todo paralisado.

 

Info sobre a Comisión de Valoración do Concurso 2010A03 (CTH)

25 Jan 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Hoxe reunimos en Comisión de Valoración e, como marca a propia Administracion, o prazo para as renuncias acaba en tres dias, finalizando no dia 28 ás 24:00 horas.

A partir de amañá de mañá podereis aceder às listaxes e as suas atualizacións através da intranet ou ben podeis contatar connosco.

Full story »

 

CIG AEAT apresenta queixa relativo á non convocatoria da mesa de SVA

24 Jan 2011
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos escrito de queixa apresentado pola CIG AEAT relativo á non convocatoria da mesa de seguimento de Vixilancia Aduaneira.

 

CIG AEAT pede cursos de formación para o acesso ao subgrupo C1

23 Jan 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos escrito apresentado pola CIG AEAT ante Recursos Humanos relativo a inexistencia, no Plano de Formación Continua da AEAT, de cursos de formación para o aceso ao subgrupo C1, desde corpos e escalas do subgrupo C2 para aqueles funcionarios que, carecendo da titulación necesaria, optaren por promocionar segundo o estabelecido na Disposición Adicional 22 da lei 30/84.

 

Concurso CTH: renuncias e bases do plano Concilia

22 Jan 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

O próximo día 25 de xaneiro vaise constituir a Comisión de Valoración do Concurso 2010A03 (CTH), portanto, atendendo às bases, comeza a contar o prazo para as posíbeis renuncias: o prazo para as renuncias finaliza ás vintecatro horas do día 28 de xaneiro (terceiro día seguinte ao da constitución da Comisión de valoración). Tédeo en conta se quiserdes renunciar a calquer vaga.

Disponibilizamos a proposta que fai a Administración a respeito das bases do plano Concilia para o dito concurso.

 

Reformando o Sistema Público de Pensións

20 Jan 2011

A maior parte das reformas efectuadas no sistema público de pensións, trouxeron como consecuencia un endurecimento das condicións estabelecidas para o cálculo das mesmas, o que provocou unha rebaixa na pensión resultante.

Full story »

 

CIG convoca manifestacións en toda Galiza coincidindo coa folga xeral do 27-X

19 Jan 2011
Email , Categorias: Destaques CIG,

A central chama á cidadanía galega a participar nas marchas que percorrerán as principais rúas do país

A Confederación Intersindical Galega ten convocadas en todo o país manifestacións e concentracións coincidindo coa xornada de folga xeral que se desenvolverá o vindeiro xoves 27 de xaneiro. O sindicato nacionalista fai un chamamento a todos os galegos e galegas para que participen nas 13 mobilizacións organizadas nas principais localidades de Galiza.

Os horarios das manifestacións e concentracións que se celebrarán coincidindo coa folga xeral do 27-X, coa que se pretende rexeitar a reforma das pensións do Goberno español, son os seguintes:

Vigo - Ás 12.00 horas dende o Cruce da Doblada.

A Coruña - Ás 12.00 horas dende a Praza de Vigo.

Cee - Ás 12.00 horas dende a Praza do Concello.

Pontevedra
- Ás 12.00 h. dende a Praza da Ferrería.

Vilagarcía - Ás 12.00 horas dende a Casa do Mar.

Ferrol - Ás 12.30 horas dende a avenida de Esteiro (local da CIG).

Santiago de Compostela - Ás 12.30 horas dende a Praza Roxa.

Lugo - Ás 12.00 horas dende a Ronda da Muralla, 58 (local da CIG).

Burela - Ás 12.00 horas dende a rúa Arcadio Pardiñas, 137 (local da CIG).

Ourense - Ás 12.00 horas dende o Pavillón dos Remedios.

Verín - Ás 11.30 horas dende a Praza do Concello.

Xinzo - Ás 11.30 horas dende a Praza do Concello.

O Barco - Ás 12.00 horas na Praza do Concello (concentración).

 

Convocatoria especialidade tributaria no BOE

13 Jan 2011

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos a ligazón para visualizar e/ou descarregar a resolución da convocatoria das especialidades tributarias da AEAT, publicada no pasado dia 10 de xaneiro no BOE.

 

Contra “as políticas que imporán un retroceso social e laboral de 60 anos”

29 Dez 2010

Convocatoria contra unha reforma das pensións que só beneficiará o capital financeiro

A Confederación Intersindical Galega anunciou esta mañá a convocatoria de greve xeral para o vindouro 27 de xaneiro en contra das políticas “anticrise” adoptadas polos gobernos, nomeadamente a pretensión de reformar o sistema público de pensións, que o secretario xeral cualificou como “o maior ataque aos direitos da clase traballadora desde o franquismo”.

A CIG animou CCOO e a UGT a se somarem á convocatoria, que coincide no tempo con a greve anunciada polos sindicatos bascos, e adiantou que está disposta a flexibilizar a data para consensuar un día común, co obxecto de fortalecer a resposta social.

En todo o caso, a convocatoria de greve xeral realizarase antes de 28 de xaneiro, xornada marcada polo goberno español para aprobar a súa proposta de reforma das pensións.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

<< 1 ... 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 ... 72 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Setembro 2018
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software