Entrevista a Noam Chomsky: Trump na Casa Branca

21 Dez 2016
Email , Categorias: Info Xeral,

- Noam, aconteceu o impensável. Desafiando todos os prognósticos, Donald Trump conseguiu uma vitoria decisiva sobre Hillary Clinton e o homem que Michael Moore descreveu como «um miserável, ignorante, perigoso palhaço a tempo parcial e sociopata a tempo inteiro» será o próximo presidente dos Estádios Unidos. Na sua opinião, quais foram os factos decisivos que levaram os votantes norte-americanos a causar a maior surpresa na história política dos pais?

http://www.cig.gal/nova/entrevista-a-noam-chomsky-trump-na-casa-branca.html

 

BORRADOR PANEL CTH 2016

21 Dez 2016
Email , Categorias: Concursos,

Achegamos o borrador da convocatoria do Panel do CTH, que se publicará nestes días na intranet

 

panelCTH_2016P06.pdf

 

Nota informativa Panel Axentes de Vixilancia Aduaneira

21 Dez 2016
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira,

Desde a CIG insistimos en que o sistema de mobilidade por Panel debe ser “excepcional” e non “habitual” como é na actualidade, e insistimos en que o sistema normal de provisión debe ser o concurso oficial publicado no BOE e non este tipo de invencións onde nin se coñece o número de prazas que se convocan en cada localidade, nin os criterios que se van seguir para cubrir as prazas posibles, penalizase aos que promocionan, e incluso limitase o tempo de toma de posesión a únicamente oito días no caso de cambio de localidade, tempo escaso cando hai que mover a toda a familia.

Panel_Aduaneira.pdf

 

FORMACIÓN

15 Dez 2016
Email , Categorias: Formación,

Achegamos nota informativa da Mesa de Formación que tivo lugar onte.

Programacion_2017.pdf

proyectopf2017.pdf

Mesaformacion_16.pdf

 

Asembleas e mobilizacións recuperación dos dereitos (14-12-16).

14 Dez 2016
Email , Categorias: Info Xeral,

A CIG está disposta a ir á folga xeral se non se derroga lei mordaza e as reformas laboral, da negociación colectiva e pensións. A CIG celebrou este mércores asembleas de delegados/as e concentracións en todas as comarcas para analizar as consecuencias das “contrarreformas” laborais, da negociación colectiva e das pensións, nas condicións laborais e de vida da clase traballadora galega. Nas asembleas acordouse o inicio de mobilizacións para exixir ao goberno español un cambio de políticas que posibiliten a recuperación de dereitos perdidos nos últimos anos.

http://www.cig.gal/nova/a-cig-esta-disposta-a-chegar-a-folga-xeral-se-non-se-derrogan-as-contrarreformas-laborais-da-negociacion-colectiva-das-pensions-.html

 

CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

14 Dez 2016
Email , Categorias: Info Xeral,

Adiantar a saída do traballo ás 18 horas para conciliar: unha medida de márqueting político irreal e insuficiente A Secretaría da Muller denuncia a hipocrisía dun goberno que mantén medidas tan lesivas para a clase traballadora como a reforma laboral

http://www.cig.gal/nova/proposta-de-adiantar-a-saida-do-traballo-as-18-horas-para-conciliar-unha-medida-de-marqueting-politico-irreal-e-insuficiente.html

 

A CIG, O SINDICALISMO CONSECUENTE

29 Nov 2016
Email , Categorias: Acción Social,

O programa "Salvados" emitido por La Sexta o pasado domingo sobre Mercadona está xerando unha acalorada polémica e abre un debate sobre as condicións laborais e a vulneración das liberdades sindicais dentro da empresa. Falamos con María López, delegada pola CIG e unha das protagonistas do programa que nos debulla polo miúdo como son as relacións laborais en Mercadona, que ocorre co persoal que cae enfermo , en que consiste o "sistema calidade total", cal é o papel que xogan CCOO e UGT, ou como utiliza a compañía a prima de beneficios para influír no comportamento das traballadoras e traballadores.

http://www.cig.gal/nova/maria-lopez-eu-non-actuo-dende-o-resentimento-eu-fago-sindicalismo.html

 

PETICIÓN DE MESA DE NEGOCIACIÓN DE VIXILANCIA ADUANEIRA

20 Out 2016
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira,

A CIG solicita a inmediata convocatoria da Mesa de Saúde Laboral e da Mesa Técnica de Vixilancia Aduaneira.

peticionmesas.pdf

 

RESOLUCIÓN SOBRE OPOSICIÓNS AO CORPO SUPERIOR DE V.A.

08 Ago 2016
Email , Categorias: Promoción,

Resolución relativa ao período de preparación para o 4º exercicio da fase da oposición ao Corpo Superior de Vixilancia Aduaneira

RESOLUCION_8_8_16.pdf

 

Nota Informativa da Mesa de Carreira Administrativa

01 Ago 2016
Email , Categorias: Carreira,

Mesa_Carreira_Admtva_promocion_interna.pdf

No día de onte asistimos á xuntanza da Mesa de Carreira Administrativa, para tratar, entre outros aspectos os permisos de promoción interna. Como xa sabedes, ata agora só tiñamos regulado o permiso retribuido dun mes de duración para preparar o segundo exame ao CTH. Neste ano, cando xa se comezou a falar de que o resto dos corpos tiñan que ter dereito tamén a algún permiso para estudar foi cando se concederon dous días para preparar Axentes e 14 días para o acceso ao Corpo Executivo do SVA, medidas transitorias que se melloran neste acordo.

Acordo_Promocion_Interna.pdf

 

CIG-Área Pública pide un plan de choque para recuperar os niveis de emprego público e medidas para rematar coa precarización laboral nas administracións

01 Ago 2016
Email , Categorias: Info Xeral,

. A Área Pública da CIG vén de remitir as súas propostas ante a “futura” lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017, que o goberno en funcións está a utilizar como arma propagandística en plenas negociacións para a formación de goberno. En calquera caso, con independencia da cor do próximo executivo ou de que finalmente se prorroguen os orzamentos deste ano, as demandas da central sindical teñen un obxectivo claro: a recuperación dos servizos públicos de calidade e con carácter universal e a reposición dos dereitos e condicións laborais das traballadoras e traballadores das administracións. >>>MÁIS INFO: http://www.galizacig.gal/avantar/node/60033

 

O PEIA VÓLVESE CONTRA OS SEUS ASINANTES

08 Jul 2016
Email , Categorias: Produtividade,

Dende a CIG non entendemos porqué este ano se asinou un acordo idéntico ao que ofrecía a AEAT o ano pasado cando no 2015 todos estabamos de acordo en que non se podía ceder ante unha proposta semellante. ¿Porqué o ano pasado a proposta do PEIA non valía e este sí?. O escandaloso é que, por moito que digan algúns, coa sinatura do acordo dáselle conformidade a todo contra o que vimos loitando desde o principio dos tempos na AEAT: a arbitrariedade no reparto da produtividade.

 

peia_laborais.pdf

 

CONVOCATORIAS AXENTES E CTH

07 Jul 2016
Email , Categorias: Promoción,

Hoxe publicáronse no BOE as convocatorias para o acceso a Axentes de Facenda Pública e Corpo Técnico de Facenda, correspondentes á oferta de emprego público deste ano 2016. O prazo de presentación das instancias é de 20 días naturais. Axentes Facenda Pública:

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2016-6537

Corpo Técnico de Facenda:

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2016-6538

 

ESCRITO PRAZAS PANEL SVA

06 Jul 2016
Email , Categorias: Concursos,

Escrito presentado ao Rexional de Aduanas e á Delegada Especial de Galicia relativo á convocatoria do Panel de mobilidade para Vixiancia Aduaneira. Segundo as últimas informacións que dispoñemos, a convocatoria sairá no último trimestre do ano.

prazas_panel.pdf

 

CURSOS DE FORMACIÓN DA AEAT

06 Jul 2016
Email , Categorias: Formación,

Achegamos convocatoria coa oferta dos cursos do plan de formación da AEAT do terceiro cuatrimestre do ano. O prazo para solicitalos remata o 26 de agosto. Nos próximos días esperamos ter a vosa disposición o impreso de solicitude en papel para todo aquel que debido a circunstancias excepcionais, non teña acceso á intranet.

 

cursosformacion16.pdf

 

 

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 ... 70 >>