Mesa Seguimento Formación

20 Out 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da Mesa de Seguimento de Formación, así como a información facilitada pola AEAT sobre a situación dos distintos cursos de formación continua.

 

A CIG esixe un cambio radical na política fiscal e máis investimento público para xerar emprego e reactivar a economía

20 Out 2011

A Unión Comarcal de Ferrol realizou unha asemblea aberta en que se chamou a luitar por unha mudanza de modelo e se animou a participar na manifestación do 23 de outubro en Compostela

Proseguindo co calendario de atos no contexto da campaña “Si, existen alternativas. En defesa do emprego e dos servizos sociais”, a CIG de Ferrol realizou unha asemblea aberta na tarde da cuarta feira en que participou tamén o Secretario Xeral da central nacionalista.

Full story »

 

Entrevista a Immanuel Wallerstein: “O capitalismo já não pode sobreviver como sistema”

20 Out 2011

O tempo em que podemos mudar o mundo

"As raízes da crise são, de muitas maneiras, a incapacidade de reproduzir o princípio básico do capitalismo, que é a acumulação sistemática de capital. Esse é o ponto central do capitalismo como um sistema, e funcionou perfeitamente bem por 500 anos. Foi um sistema muito bem sucedido no que se propõe a fazer. Mas se desfez, como acontece com todos os sistemas".

Ler a entrevista completa no sitio web brasileiro Outras Palavras, do 14 de outubro de 2011.

 

CIG, ELA e CGTP-IN valoran negativamente as medidas adoptadas para enfrontar a crise e apostan por outro modelo socioeconómico

19 Out 2011
Email , Categorias: Acción Social,

Acordan manter canais fluídos de comunicación e abrir vías de colaboración entre as tres centrais sindicais

CIG, ELA e CGTP-IN mantiveron a semana pasada un encontro para avaliar as consecuencias que está a ter, nos respetivos países, a crise económica, o negativo impato das medidas que veñen adoptando os distintos gobernos para enfrontala, valorar a contestación social e as alternativas defendidas por cada central sindical.

A reunión, realizada a instancias da CIG, concluíu co compromiso de manter unha comunicación fluída entre as tres organizacións, abrir vías de colaboración máis intensas e tentar confluír con mobilizacións similares.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Pergunta sobre a exclusión da língua galega na AEAT

18 Out 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos pergunta apresentada ante o Parlamento da Galiza por Bieito Lobeira, deputado do BNG, a respeito da exclusión da língua galega que pratica a Axencia Tributaria nas xestións realizadas en territorio galego.

 

Nomeación Axentes Vixilancia Aduaneira e Corpo Executivo 2009

17 Out 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos ligazón para as resolucións do BOE con a nomeación dos compañeiros Axentes de Vixilancia Aduaneira e do Corpo Executivo, correspondentes á convocatoria do 2009.

 

Festas laborais para 2012

17 Out 2011

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

No BOE do pasado dia 14 de outubro foi publicada a resolución das festas laborais para o ano 2012. Podeis consultar e descarregar na seguinte ligazón:

 

Recualificacións Carreira Administrativa (Tramo 0 ao 1)

13 Out 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Disponibilizamos nota informativa da AEAT sobre as recualificacións de Carreira Administrativa que se incluirán no ordenado de outubro.

 

Aumentar as receitas, vía reforma fiscal, para reducir o défice público

11 Out 2011

A fraude fiscal superou os 60 mil millóns de euros en 2010

A reforma do artigo 135 da Constitución para fixar a "estabilidade orzamentar" por mandato constitucional colocou en primeiro plano do debate cuestións macroeconómicas como o défice ou a dívida pública.

Para entender a complexidade do asunto, Natividade López Gromaz, economista do Gabinete Técnico de Economía da CIG elaborou un minucioso traballo en que se explica como funcionan un e outra e en que son recollidas unha serie de propostas para enfrentar o défice público sen cortar prestacións e servizos públicos.

 

Convenio SVA / Ministerio Meio Ambiente

10 Out 2011

A seguir disponibilizamos ligazón para o convenio asinado entre Vixilancia Aduaneira e a Secretaría Xeral do Mar, publicado hai unhas semanas no B.O.E.

 

Procesos selectivos AEAT 2011

10 Out 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

No B.O.E. de hoxe saíron publicadas as resolucións coas relacións de aspirantes excluídos así como as datas de realización dos primeiros exercicios relativas aos seguintes procesos selectivos da AEAT:

Está previsto no dia de hoje colocar esta información na páxina web da AEAT (www.aeat.es). Podereis consultala seguindo estes pasos: Agencia Tributaria => Empleo Público.

 

A CIG apresenta o documentario "A crise, o sistema e a soberanía"

07 Out 2011

Fai parte da campaña "Si, existen alternativas" no contexto da manifestación nacional de próximo 23 de outubro

A CIG repasa neste documentario o atual proceso de reorganización do capitalismo, sob a coartada da "crise" económica, as nefastas consecuencias que está a ter para a clase traballadora en todo o mundo e as alternativas posíbeis, que pasan por un modelo económico onde traballadoras e traballadores teñamos o poder real. Recolle, ainda, a dupla dimensión da crise sistémica, que tem un carácter de clase mais tamén territorial, agravando a situación no caso das nacións sen soberanía política como é a Galiza. Finalmente, formula a necesidade de acumularmos forzas xunto da esquerda nacionalista para facermos frente ao contexto actual.

- Podeis descargar aquí a brochura da campaña "Si, hai alternativas"

- Mais info: xornal dixital Avantar

 

Suso Seixo proclama, en Lugo, que hai alternativas para parar a ofensiva neoliberal, os cortes e a perda de direitos laborais

07 Out 2011

Chama a participar na manifestación nacional do próximo 23 de outubro, en defesa do emprego e dos servizos públicos

Dando continuidade a campaña posta en marcha pola CIG baixo o lema “Si, existen alternativas! En defensa do emprego e dos servizos públicos”, decorreu en Lugo unha asemblea de delegados e delegadas en que o secretario xeral, Suso Seixo, acompañado polo secretario comarcal, Xosé Ferreiro, defendeu que existen alternativas ao modelo neoliberal para recuperar a economía, apoiar os sectores produtivos e criar emprego.

Seixo chamou a participar na manifestación convocada pola central sindical, o vindeiro 23 de outubro, ás 12:30 horas da Alameda compostelana, lembrando que é só coa mobilización social que a clase traballadora pode defender os seus direitos.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Nota informativa próximos concursos

06 Out 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre as previsións dos concursos que irán ser publicados próximamente.

 

Información concurso Corpo Técnico de Facenda

06 Out 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre o inquérito que tendes colocado xá na Intranet para conhecer as preferencias do pesoal nun futuro concurso do Corpo Técnico de Facenda.

 

<< 1 ... 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 ... 79 >>