Convocatoria oferta vagas Painel Axentes Facenda Pública

16 Abr 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos a convocatoria da oferta de vagas de Painel para Axentes de Facenda Pública, que será publicada na Intranet no día de hoxe.

 

Reunión Mesa Campaña Renda 2011

13 Abr 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos a nota informativa da reunión da Mesa de Campaña de Renda que tivo lugar onte, ben como a proposta da AEAT.

 

Adxudicatarios definitivos Panel CTH

11 Abr 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

A seguir disponibilizamos o listado definitivo de adxudicatarios do Painel do Corpo Técnico de Facenda (2012 P 01).

 

Convocatoria de cursos do Instituto Nacional de Admón. Pública 2012

11 Abr 2012

No BOE do pasado día 3 de abril tendes a convocatoria para participar nos seguintes cursos do Instituto Nacional de Admón. Pública:

 

Concentracións nas cidades galegas contra a reforma laboral do PP

11 Abr 2012

Coincidindo co día no que se referendará no Congreso dos Deputados a reforma laboral, a CIG convoca concentracións en todas as cidades galegas para exixir a súa retirada.

A central sindical denuncia que se trata dunha reforma pensada para facilitar o despedimento e favorecer a competitividade, pola vía de reducir salarios e rebaixar as condicións laborais substituíndo emprego fixo por precario e considera que só coa mobilización se poden frear as políticas de recortes de dereitos laborais e sociais que está a impor o Partido Popular.

A CIG demanda do goberno do PP a retirada da reforma laboral, logo do rotundo rexeitamento manifestado polos traballadores e traballadoras que participaron, de forma masiva, na convocatoria de folga xeral e nas multitudinarias mobilizacións convocadas o pasado 29 de marzo.

Por iso convoca, para este xoves, día 12 de abril, concentracións en todas as cidades que terán lugar en:

- Compostela: Praza de Galiza, 20.00 horas.

- A Coruña: Delegación do Goberno, 20.00 horas.

- Vigo: Farola de Príncipe, 20.00 horas.

- Ourense:
Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.

- Pontevedra: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.

- Lugo: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.

- Ferrol: Praza do Concello, 19.30 horas.

 

Info Mesa Xeral Administracións Púbicas

30 Mar 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

O mercores 28 de marzo, convocouse a Mesa Xeral das Aministracións Públicas prevista no Artigo 36.1 do EBEP; informaron (que non negociaron) acerca das previsións contidas no proxecto de orzamentos do Estado que o Goberno ten previsto aprobar o 30 de marzo, que se concretaban en Retribucións, Oferta de Emprego Público, Xornada e Horarios.

Full story »

 

Convocatoria axudas Muface

30 Mar 2012

A seguir informamos da publicación no BOE da convocatoria das axudas de Muface para a atención a determinados colectivos:

- Podoloxía e termalismo social a maiores
- Atención a enfermos psiquiátricos crónicos
- Atención a persoas drogodependentes
- Estancias temporais en centros
- Axudas a enfermos celíacos
- Axudas a enfermos oncolóxicos

 

Reunión do Comité de Saúde Laboral

28 Mar 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión do Comité de Saúde Laboral de onte.

 

29-M: Greve xeral

27 Mar 2012

Mais info: Web Greve Xeral

A seguir disponibilizamos información sobre a greve xeral do vindeiro 29 de marzo. Na convocatoria tendes ben explicadas as condicións para que o persoal suxeito a horarios de traballo por turnos (como Vixilancia Aduaneira) poda facer uso do seu direito á greve.

 

Mantense a unidade de acción sindical no sector público á espera da apresentación dos orzamentos xerais do Estado

26 Mar 2012

No dia 10 de abril terá lugar mais unha reunión para avaliar se a resposta continua a ser conxunta ou de carácter individual

As organizacións sindicais con representación no sector público, que veñen mantendo unha unidade de acción nas mobilizacións e na resposta á Lei de Medidas para o Emprego Público, volverán a reunirse o vindeiro día 10 de abril, depois da Semana Santa, para avaliar o impacto que, sobre o sector, puder ter a Lei de Orzamentos Xerais do Estado. Está previsto que nesa data decidan se a resposta a dar continua a ser conxunta ou individual, de cada organización sindical.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Listado provisorio Painel Corpo Técnico Facenda (2012 P 01)

21 Mar 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Informamos que xá dispomos do listado provisorio de adxudicación do Painel do Corpo Técnico de Facenda (2012P01). O listado será disponibilizada amaña, dia 22 de marzo, na Intranet da AEAT, mas podeis contatar conosco para terdes aceso desde xá

Lembrai que o prazo para reclamacións e renuncias finda no dia 27 de marzo.

 

A CIG convoca para esta quinta-feira, 21 de marzo, concentracións simultáneas en cidades e vilas en contra da reforma laboral

21 Mar 2012

No contexto da campaña de mobilizacións que a central nacionalista está a desenvolver com motivo da Greve de 29 de Marzo

A CIG ten convocadas para mañá, quinta-feira 22 de marzo, concentracións simultáneas nas cidades galegas e en varias vilas do País en contra da agresiva reforma laboral aprobada recentemente polo PP e para aglutinar forzas para dar unha contundente e masiva resposta na greve xeral de 29 de Marzo.

Con estas concentracións a central sindical pretende tamén trasladar aos gobernos español e galego o rexeitamento que existe nos centros de traballo a respeito desta brutal e regresiva reforma laboral. Unha reforma laboral que ten a dimensión dun golpe de estado e vén acabar cos poucos direitos laborais que a clase traballadora conquistou nas últimas décadas.

Horarios e lugares das concentracións

- A Coruña: ás 20:00 horas na Praza de María Pita.

- Compostela: ás 19:30 horas na Praza do Obradoiro

- Ferrol: ás 19:30 horas na Praza do Concello

- Lugo: Asemblea informativa ás 20:00 horas, diante da Sede do PP (r/ Poeta Ramón Cabanillas, 10)

- Pontevedra: ás 20:00 horas diante da sede do PP (r/ Rosalía de Castro)

- Vigo: ás 20:00 horas diante do MARCO

- Vilagarcía: ás 20:00 horas diante do Concello

- A Guarda: ás 20.00 horas diante da Casa do Concello

- Arteixo: ás 20:00 horas no Anfiteatro do Paseo Fluvial

- Betanzos: ás 20:00 horas na Praza da Constitución

- Cambre: ás 20:00 horas, diante da Casa do Concello

- Cangas: ás 20:00 horas, diante da Casa do Concello

- Carballo: ás 20:00 horas, diante da Casa do Concello

- Culleredo: ás 19:00 horas no Parque Europa

- O Barco de Valdeorras: ás 19:30 horas diante da Casa do Concello

- O Porriño: ás 20:00 horas diante da Casa do Concello

- Ordes: ás 20:00 horas na Alameda

- Redondela: ás 19:30 horas diante da Casa do Concello

- Verín: ás 19:30 horas diante da Casa do Concello

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Manifesto contra a reforma laboral do PP e en apoio da folga xeral convocada para o 29 de marzo

20 Mar 2012

Asinado por diferentes organizacións sociais, políticas e sindicais

Organizacións sociais, políticas e sindicais asinan un manifesto en apoio da folga xeral do 29 de marzo e contra a reforma laboral e as políticas que vén impoñendo o PP desde a súa chegada ao goberno. O manifesto é froito do proposto pola CIG na xuntanza celebrada na sede da central sindical o pasado 27 de febreiro, coas aportacións das distintas organizacións asinantes.

Ler o manifesto: xornal dixital Avantar

 

Convocatoria Muface (axudas atención dependencia)

19 Mar 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos a convocatoria das axudas de atención á dependencia de Muface que foi publicada no BOE nos pasados días.

 

Reunión da Mesa de Formación

15 Mar 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a Mesa de Formación que tivo lugar onte.

 

<< 1 ... 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 ... 80 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software