REUNIÓN DA MESA NOVA NORMALIDADE: TELETRABALLO E OUTROS ASUNTOS

30 Jun 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Hoxe tuvo lugar unha reunión para falar do teletraballo e “outros asuntos”. Dende o punto de vista da CIG resultou una reunión caótica na que se falou durante horas de casi todo, acusándose os sindicatos estatais uns aos outros de todas as fechorías habidas e por haber, e dedicando uns poucos minutos a falar de teletraballo ou traballo a distancia.

Unha cousa si quedou clara, a AEAT, a imitación de Función Pública, cumplirá a normativa vixente en materia de vacacións, a CIG fixo constar que nun momento tan excepcional como o que estamos vivindo o persoal debería poder coller os días de vacacións a conveniencia.

Falando do teletraballo expuxemos as nosas liñas maestras para poder garantir os dereitos do persoal, no que ten a ver coas súas condicións laborais e salariais, para negociar un Acordo que regule este tema:

- Debe ser voluntario e reversible

- Non deberá haber negociacións e/ou acordos individuais que que poidan fomentar o individualismo e a competitividad que irían en contra dos traballadores e traballadoras

- Rexistro real da xornada

- Dereito á desconexión dixital

- Garantías de participación Sindical

- Medidas de seguridade e saúde axeitadas, igual que se estuveran no centro de traballo

Os traballadores e traballadoras deben ter en conta que non todo é “Jauja” no teletraballo xa que este pode conlevar a desaparición entre a vida persoal e profesional e a sensación de soedade e aislamento así como a aparición de outros problemas de orde física ou sicolóxica.

SEGUIREMOS INFORMANDO

 

COMISIÓN DE SEGUIMENTO ACORDO PIA 2020

26 Jun 2020
Email , Categorias: Produtividade,

Hoxe celebrouse a reunión da Comisión de Seguimento do Plan de Intensificación de Actuacións 2020. No principio da reunión a Admón. explicou como se vai a aplicar o Acordo.

comisionpia2020.doc

 

ACORDO AEAT-SINDICATOS SOBRE NOVA NORMALIDADE

19 Jun 2020
Email , Categorias: Acción Social, Formación,

No día de hoxe asinouse o Acordo sobre "nova normalidade" entre a AEAT e os Sindicatos máis representativos.

 

aeatvfinal.doc

 

FORMACIÓN CONTINUA 2020 NA AEAT

18 Jun 2020
Email , Categorias: Acción Social, Campaña IRPF,

PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2020

formacon20_1.PDF

formacon2020.pdf

 

NOTA INFORMATIVA SOBRE A NOVA NORMALIDADE EN FUNCIÓN PÚBLICA

17 Jun 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

A CIG súmase ao acordo para establecemento das medidas organizativas do persoal da Administración Xeral do Estado na etapa de Nova Normalidade.

Logo de que rematase a situación do Estado de Alarma decretado pola Pandemia do COVID-19, facíase necesario atender algunhas cuestións relativas as condicións de traballo do persoal para a volta a nova normalidade; para elo acordouse co Ministerio de Política Territorial e Función Pública una Resolución para dar cobertura a esta nova situación.

A Resolución irá acompañada da actualización da Instrución que regula as medidas preventivas segundo as normas ditadas polas autoridades sanitarias. Aínda que non contempla a totalidade das aspiracións pretendidas pola CIG, a Resolución dará solución a unha gran parte das demandas do persoal, en especial a aquelas relacionadas coas necesidades de conciliación; para a que se mantén, de xeito xeral, a posibilidade de prestación de servizos de xeito non presencial.

A resolución afectará a todo o persoal da Administración Xeral do Estado; aínda que non será de aplicación directa, por ter que adecuarse a cada departamento ou organismo concreto, previa negociación coa representación do persoal no seu respectivo ámbito.

NOVANORMALIDADEFP.pdf

 

PRAZOS DE ACCIÓN SOCIAL

17 Jun 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Lembrade que o próximo luns, día 22 de xuño, rematan os prazos para presentar as solicitudes das seguintes axudas:

- Coidado de fillos menores de tres anos (a documentación xustificativa pódese presentar ata o 13 de setembro)

- Desenvolvimento educativo

-Estudos dos empregados

- Axudas de saúde (na modalidade 2.1: tratamentos odontolóxicos, próteses visuais, ortodoncia, operacións por cirurxía láser déficit visual)

Non o deixedes para o último día Se tedes algunha dúbida contactade con nós.

 

PLAN DE ACCIÓN SOCIAL 2020

10 Jun 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Por si a alguén lle falta.

 

convaccionssocial.pdf

 

NOVA REUNIÓN MESA AEAT

05 Jun 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Hoxe tivemos nova reunión da Comisión de Seguimento do Acordo para a reincorporación paulatina ao traballo presencial, na que quedou de manifesto, tanto por parte da AEAT como da representación sindical, que o importante é protexer a saúde do persoal da Axencia e dos propios cidadáns que acudan ás oficinas da AEAT nas que se lle presta un servizo público esencial.

Interviñeron os e as directores/as dos distintos Departamentos da Axencia que expuxeron e argumentaron a súa idea sobre os servizos esenciais en cada fase e a reincorporación ao traballo presencial.

 

traballo_presencial.doc

 

BOE PETREL

04 Jun 2020
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira,

A/A DIRECTORA DE RR.HH, DIRECTOR ADJUNTO DE V.A. Y SUBDIRECTOR DE RR.LL E este último viaje del BOE PETREL, aún no ha terminado, han sucedido una serie de hechos que nos vemos en la obligación de denunciar:

petrlaa.doc

 

COMISIÓN DE SEGUIMENTO CAMPAÑA DE RENDA

01 Jun 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

COMISIÓN DE SEGUIMENTO DA CAMPAÑA DA RENDA 01/06/2020

Tivemos hoxe a reunión de seguimento da Campaña da Renda. A Administración trasládanos a “posibilidade” de comenzar a campaña presencial para o vindeiro día 8 de xuño. De momento din que esa data ainda non é segura, e que a data dependerá da evolución do confinamento e da situación xeral e da fase na que se atope cada territorio. Din que ainda non teñen decidido que centros nin canto persoal se incorporaría á campaña presencial, pero nos aseguran que en todo caso será respetando os protocolos asinados para a incorporación segura e con criterios de voluntariedade. Quen queira seguir con teletraballo poderá seguir sin ningún problema. A esta renda presencial incorporaríanse os operadores e persoal de apoio que voluntariamente queira participar; os coordinadores poderían seguir en teletraballo prestando os seus servicios como hasta o momento a través da videoconferencia. A atención telefónica seguirá sendo a preferida e prioritaria. Dende da CIG trasladámoslles a nosa preocupación porque se cumplan os protocolos de seguridade e limpeza insistindo na voluntariedade de participación. Tamén solicitamos que antes de do comenzo da campaña presencial se faga unha avaliación dos locais que se utilizarían. Respecto da campaña telefónica, trasladámoslles os problemas que teñen os contribuintes para obter o número de referencia (que casi nunca o poden conseguir), pedindo un reforzo do persoal de apoio que se dedica a esta tarea. Tamén respecto do persoal de apoio trasladamos a nosa queixa por desconocer os criterios de selección dos compañeiros que elexiron entre todas as solicitudes e pedimos unha rotación dos compañeiros que se anotaron para apoio entre as licenzas disponibles como fixeron noutras Delegacións.

 

RESUMO MESA XERAL 29 DE MAIO 2020

30 Mai 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Na reunión de onte a Admón. Presentounos un borrador de adenda á Instrucción de 11 de maio da Directora de RR.HH. sobre a reincorporación progresiva ao posto de traballo presencial do persoal da AEAT. Despois dunha corta exposición explicándonos o contido da adenda por parte do Subdirector de RR.LL abriuse un turno de intervención por parte das organización sindicais máis representativas no ámbito da Axencia Tributaria. Por parte da Confederación Intersindical Galega, a pesar do pouco tempo para analizar o texto que se nos presenta, fixemos una serie de alegacións, verbalmente, sobre o citado borrador; en primeiro lugar destacamos, como xa fixéramos na reunión anterior, que o momento crítico no que nos atopamos pola pandemia parécenos que actuar en clave de maiorías e minorías é dunha cortedade de miras que non merece o persoal da AEAT e insistimos na busca dun consenso reclamando un esforzo por parte da Admón. para alcanzalo. Referímonos á necesidade de extremar a parte da xornada non presencial e que se mantivera o teletraballo o máximo tempo posible incluíndo a súa pervivencia no que se deu en chamar “nova normalidade”, sobre todo que non teñan que incorporarse ao traballo presencial aqueles traballadores e traballadoras con coidado de fillos ou persoas dependentes, mentras non abran os colexios e os centros de día e que se avise ca antelación suficiente ao persoal que se ten que incorporar e non que os convoquen dun día para outro.Solicitamos que non sexa obrigatorio coller os 15 de días de vacacións nos meses de verán algo que se terá que ver na Comisión de seguimento. Reclamamos a búsqueda de equilibrio entre o dereito dos contribuintes a ter un servizo público e de calidade e o dereito á saúde dos empregados e empregadas públicos. Conseguimos acotar no tempo a negociación das condicións do teletraballo pese á oposición de algún representante sindical. Dende a CIG congratulámonos que houbera consenso neste tema e que non se fixera imposición de maiorías sobre minorías e tivemos que recurrir a una obviedade ante a cegueira dalgúns ( decía o poeta: tristes tempos aqueles nos que hai que explicar o obvio) O 100% É MÁIS QUE O 60% Saúde e Terra, seguiremos traballando e informando

 

PROCESOS SELECTIVOS PENDENTES

29 Mai 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Aquí temos información sobre os procesos selectivos pendentes

 

notai.pdf

 

29 Mai 2020
Email , Categorias: Info Xeral,
 

PREVENCIÓN-SVA

27 Mai 2020
Email , Categorias: Acción Social,

O pasado venres, tras unha petición á Presidenta do Comité de Sáude Laboral, o delegado de prevención da CIG no Comité Provincial da Coruña visitou a embarcación de Vixilancia Aduaneira para comprobar in situ a aplicación das medidas e protocolos de saúde laboral. Acompañounos o responsable de Loxística da área, o cal facilitounos todas as explicacións ás nosas inquietudes, tanto as relativas á embarcación coma do vehículos de Aduanas utilizados plo noso persoal.. Coméntanos que hai stock suficiente de EPIS, tanto para vehículos como para a embarcación: máscaras, luvas de Nitrilo, lentes, fundas desechables e xel desinfectante. Na embarcación botamos en falta a afombra desinfectante, termómetro de distancia e a cartelería con información. Pedimos que as papeleiras dos baños teñan tapa de pedal e solicitámoslle fundas para o calzado (patucos cirúrxicos), tamén lle comentamos que se estudase a posibilidade de que en próximas reparacións cambiar as billas de apertura manual para apertura de pedal, (pé). Tras as nosas observacións comentounos que espera que nesta semana que entra chegue todo o material que falta de acordo cos protocolos e normativa de Prevención de Riscos Laborais. Nos vehículos coméntanos que xa teñen a empresa que se encargará da súa desinfección segundo marca o protocolo, e a maiores, que eses vehículos, tras a desinfección terannos anos precintados sobre 5 días despois do seu oso, para unha maior seguridade, Estamos á espera que se realice un curso sobre o COVID19 para todo o persoal da AEAT, pero mentres tanto, é moi importante que o persoal coñeza os protocolos e as medidas que se van aprobando na AEAT Tamén agradecemos que nos fagades chegar todas aquelas suxestións que poidan mellorar as medidas de protección para facelas chegar aos responsables pertinentes.

 

REUNIÓN MESA DA AEAT

27 Mai 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Mesa Xeral da AEAT: Instrucción de reincorporación progresiva ao posto de traballo

mesaxeralvinte.pdf

 

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 ... 82 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Outubro 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software