REUNIÓN CAMPAÑA RENDA

22 Abr 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Asinouse hoxe a adenda coas condicións necesarias para adaptar a Campaña da Renda as circunstancias actuais. Nas vindeiras horas recibiredes un correo para consultar a vosa disponibilidade para participar na Campaña. Se queredes participar tedes que contestar antes do 27/04/2020 as 14:00 horas.

Destacar que a participación é voluntaria e será de forma telemática. Teremos tamén formación para o uso dos medios telemáticos. As datas serán do 7 de maio ao 30 de xuño, 5:30 horas pola mañá e 3 pola tarde.

Debido ao sistema de traballo o número de citas por hora será moi reducido, entre duas e tres citas cada hora, cando en Campañas anteriores eran sobre 5 citas cada hora. Esta diferencia vaise compensar traballando máis horas, de feito a previsión é que cada operador traballe un máximo de 24 mañás e de 17 tardes, pero o número exacto dependerá do número de traballadores que se anoten para facer a Campaña. Crece o número de mañás polo que todos sabedes: os cartos. Cinco horas e media pola maña só custan 11,81 euros por operador. Non queren aumentar as tardes porque din que non hai orzamento suficiente. Este número excesivo de mañás vai facer que quen faga a Campaña terá o seu traballo ordinario desatendido durante casi 2 meses, pero a Administración di que o Xefe o terá en conta e que non nos preocupemos. Sobre a opción de abrir algún local para quen non teña medios na casa e queira facer a Campaña, vai ser moi residual, e só sería no caso de que a AEAT non lle puidese suministrar algún equipo (outro tema é o do ADSL).

Non queren que se produza un efecto arrastre, que por querer traballar unha persoa teñan que ir tres ou catro (para abrir o centro, etc.), polo que se circunscribiría só a centros que na actualidade xa están abertos (sen atención ao público). A función de apoio cambia un pouco, agora terían que chamar ao contribuinte un par de días antes para verificar uns datos de contraste e recordarlle os papeis e datos que terá que ter no momento da atención da cita (números de DNI, gastos sumados, etc.) Os módulos retributivos para horario de tarde: 24,82 € o apoio, 28,92 € o operador e 40,02 € o coordenador. Cada Delegación Especial atenderá os contribuintes desa Delegación. Os coordenadores serán a nivel Delegación.

 

Diante dun Primeiro de Maio diferente, pero igual

22 Abr 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Non podemos permitir que o capital impoña na sociedade a idea de que a crise económica é exclusivamente responsabilidade deste virus e que se terminen adoptando medidas que leven a que, unha vez máis, quen pague as consecuencias desta sexa a clase traballadora (Pactos da Moncloa bis)

https://www.cig.gal/nova/diante-dun-primeiro-de-maio-diferente-pero-igual.html?fbclid=IwAR1UHby1gis0LP8UFihi7nLyCiobQDrZa5j_5QpRkg2jWEOrD-Zd4Cx8kMA

 

Acción Social 2020

21 Abr 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Mañá, mércores 22, aprobarase a Resolución da AEAT que aproba as bases reguladoras do Plan de Acción Social 2020 e convoca as axudas contempladas nel. Está previsto que a data prevista para a publicación do Plan de acción social na oficina virtual de persoal sexa o vindeiro luns 4 de maio. Isto débese a que non se pretende retrasar máis a convocatoria e favorecer así as xestións correspondentes para permitir aos traballadores o acceso á axuda prevista.

No marco da situación actual, co estado de alarma para a xestión da crise sanitaria provocada por covid-19 vixente ata o 26 de abril de 2020, e a posibilidade de sucesivas prórrogas, prevese un longo prazo para formular solicitudes. En concreto, as solicitudes de axuda correspondentes á atención a nenos menores de tres anos, desenvolvemento educativo, estudos de persoal e saúde na modalidade 2.1 terán un período de presentación desde o mesmo día 4 de maio ao 21 de xuño de 2020 . No caso das solicitudes de axuda sanitaria nas súas modalidades 2.2. e 2.3, promoción de persoal, discapacidade / dependencia, excepcional, xubilación ou incapacidade absoluta e falecemento ou gran invalidez, o prazo de presentación será do 4 de xuño ao 12 de setembro.

En calquera caso, e para evitar posibles disfuncións ou dificultades de comunicación prevese expresamente a participación da Comisión Paritaria na análise daquelas solicitudes que por circunstancias extraordinarias, como as derivadas do covid-19, poidan presentarse despois dos prazos habilitados en cada tipo de axuda. De darse esta circunstancia estudiarase a documentación xustificativa presentada para determinar se procede, ou non, a súa admisión fora dos prazos establecidos.

 

Campaña Renda 2020

21 Abr 2020
Email , Categorias: Acordos,

Rematada a reunión de seguimento da Campaña da Renda 21/04/2020 Este ano, debido as circunstancias de todos sabidas, hai que adaptar a Campaña da Renda. A Administración propón para a campaña as datas que van do 7 de maio ao 30 de xuño. A Campaña será de forma telemática desde a casa de cada un dos traballadores que VOLUNTARIAMENTE decidan participar. Chámase a participar a todos, pero non se obliga a nadie. Haberá un seguimento continuo da situación e se as circunstancias o permiten, e nunca antes do 8 de xuño, poderíase valorar a posibilidade de ter atención presencial nos centros de traballo. Por suposto a esta atención presencial só se incorporarían os que VOLUNTARIAMENTE así o decidan.

Mesrenda.pdf

 

Incorporación paulatina ao traballo presencial

17 Abr 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Este semella ser o Plan de actuación definitivo pendiente da reunión específica do SVA

 

viruscabronabril.pdf

 

ANEXO POSTOS PANEL AXENTES

17 Abr 2020
Email , Categorias: Concursos,
 

PANEL DE AXENTES

17 Abr 2020
Email , Categorias: Concursos,

Resolución do 16 de abril de 2020, da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se convoca un Panel de provisión de postos de traballoo de carreira horizontal para funcionarios do Corpo Xeral Administrativo, especialidade de Axentes

 

 

panelbis.pdf

 

PIA 2020

02 Abr 2020
Email , Categorias: Formación,

A CIG vén de asinar o Plan de Intensificación de Actuacións para 2020. O acordo é basicamente igual que o do ano pasado, incluso con algunhas melloras. A decisión de asinar este Acordo foi, para nós, das decisións máis difíciles e duras de tomar nos últimos anos. Non polo acordo en si, que xa non entramos a valorar, senón polas circunstancias que estamos a vivir nestes momentos co tema do coronavirus.

Parécenos dunha absoluta irresponsabilidade, por parte da Administración, plantear este tema neste preciso momento cando houbo tempo de facelo antes de que estallara todo o asunto da pandemia coas súas consecuencias. Desde a CIG entendemos que non era o momento de abrir debates sobre produtividades que están fóra de sitio mentres miles de compañeiros e compañeiras nosas da Administración Pública e de sectores da actividade privada están ao pé do canón con escasez de medios de protección e arriscando a súa vida e a das súas familias.

A Dirección da Axencia debía estar á altura e pedir que eses cartos fosen destinados á Sanidade ou aos sectores realmente necesitados. Tamén nos parece tristísimo que este debate non se abrise por parte de ningunha organización sindical, como se estiveran nun mundo alleo á realidade que nos rodea. Pero unha vez posta enriba da mesa a proposta da AEAT non nos quedaba outra opción que decidir se asinábamos ou non. Os argumentos que tivemos dentro da nosa organización tanto a favor como en contra eran de peso, e despois dun debate serio e profundo decidimos asinar o acordo, tendo en conta que de eses 95 millóns moitos non se van gastar, porque non se van poder cumprir os obxectivos, e revertirán nas arcas públicas.

Pensamos tamén no persoal da AEAT: estivemos anos e anos co salario conxelado, sen reclasificacións, perdendo poder adquisitivo (pois aínda non recuperamos a totalidade da paga extra) e tendo en conta que probablemente cando remate a crise sanitaria e empece a económica os traballadores e traballadoras da Administración Pública volveremos a ver rebaixados os nosos salarios. Esa é a realidade que nos espera, non o esquezamos.

 

PEIA 2020

31 Mar 2020
Email , Categorias: Opinión,

No día de onte fomos informados a través da Subdireción Xeral de Relacións Laborais que xa estaba asinado o creto presupuestario para o PEIA 2020 e que a autorización da Ministra xa estaba desde antes do estado de alarma. Segundo se nos informou, nese momento estaba sobre a Mesa no Comité de Dirección da AEAT un orzamento límite de 95 millóns, que permitiría manter o PEIA nos termos de anos anteriores: unha primeira parte de “Especial Intensificación de actuaciones de información y asistencia al contribuyente y de prevención del fraude tributario y aduanero”, no que estarían os pagos mensuais, e unha segunda referido a outro tipo de actuacións, que sería o PEIA tradicional

peiavinte.pdf

 

REUNIÓN COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE II

30 Mar 2020

Nota informativa ampliada sobre a reunión de hoxe do Comité de Seguridade e Saúde Intercentros

csssi.pdf

 

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE INTERCENTROS

30 Mar 2020
Email , Categorias: Eleicións,

Resume Reunión do Comité Seguridade e Saúde Intercentros
Temos en toda a AEAT en Situación 1(contaxiados ou sospeitosos): 553 casos

Situación 2. Xente que estuvo en contacto e está en reximen de baixa por cuarentena (mandarán a información)
Os de situación 1 dase aviso ao entorno mais próximo do traballador, que permanece no anonimato. Envian copia aos delegados de prevención.
A partir de hoxe son servicios esenciais SVA, informática, Aduanas e Jefaturas.Desaparecen polo tanto ordenanzas e telefonistas(mandaran datos das distintas incidencias).
Dentro dos Situación 2 desglosaran noutro apartado 2N para osque teñen familiares afectados.
Tamén nos enviara o responsable de Saúde Laboral a instrucción de Aduanas 4/2020 sobre protocolo do SVA e sobre trámites aduaneros.(entre eles falan de utilizar sempre os mesmos coches e polo mesmo persoal para evitar contaxios)

En aeronaval somentes están para operativos e destacou a gran labor que se fixo tanto en Cartagena, Ibiza e Vilagarcia. En Cartagena e Ibiza utilizaron epis tanto para o persoal como para os detidos, que foron levados por parte da Policía Nacional aos seus calabozos.Descoñece que pasou en Vilagarcia, pero que nos informará en breve.

As escoitas no ámbito de investigación dende hoxe xa se poden levar a cabo por teletraballo sen maior incidencia
Mandaran un novo protocolo reforzado tanto para desinfección como limpeza

Do resto xa falaremos, xa que non se sabe cuando voltaremos a reunirnos.O subdirector Xeral de RR.LL dixo que sin querer profundizar en tema Renta, xa están a traballar nun maior número de minutos por cita, medidas hixiénicas mamparas, etc .. pero que xa miraremos cuando toque

 

LOITA CONTRA O NARCOTRÁFEGO

28 Mar 2020
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira,

Dende a CIG-AEAT queremos felicitar ao persoal que participou neste importante operativo contra o tráfego de drogas. Na aprehensión participaron as embarcacións de Vixiancia Aduaneira de Marín e Vilagarcía, así como efectivos da Garda Civil. Esta actuación, enmarcada nunha especial situación de estado de emerxencia polo coronavirus, ven demostrar por una parte a profesionalidade do persoal actuante e por outra a pouca visión que teñen os mandos de Vixiancia Aduaneira.

En efecto, dende a CIG levamos anos pelexando porque se nos dote de máis medios humanos e materiais e a resposta sempre era que Galiza deixara de ser porta de entrada de droga en Europa e que había que concentrar os medios no sur e levante; a pesares de que se podía demostrar con datos e feitos que moita da droga incautada que aparecía nas estadísricas en Andalucía ou Canarias era en realidade droga que viña para as nosas costas, aínda que dende a rexional de Aduanas se negaran, por activa e por pasiva, a recoñecer este feito. Podemos nomear operacións con aprehensión de toneladas de cocaína que figuran como aprehensións en Cádiz ou Las Palmas pero que era droga destinada a ser desembarcada na costa galega: CORAL I, TITAN, PETRA, etc.

Por outra banda vemos como a día de hoxe o persoal do SVA non conta cos EPI´S suficientes e adecuados para desenrolar a súa labor con seguridade e eficiencia, polo tanto dende a CIG denunciamos una vez máis a precariedade de medios para que o funcionariado de Vixiancia Aduanera poida desenrolar a súa labor con seguridade e eficacia. A saúde do noso persoal é importante, queremos traballar con seguridade.Cambados 28 de marzo de 2020

 

INFORMACIÓN SOBRE CORONAVIRUS PARA MUTUALISTAS DE MUFACE

23 Mar 2020
Email , Categorias: Acción Social,

MUFACE recuerda a todos sus mutualistas y beneficiarios que están cubiertos al 100% en esta emergencia internacional, tanto si son de adscripción pública o privada, al igual que el resto de usuarios del Sistema Nacional de Salud. Todos los mutualistas van a ser atendidos conforme al protocolo vigente determinado por las autoridades sanitarias.

https://www.muface.es/muface_Home/Coronavirus/CORONAVIRUS-MUFACE.html

 

MUFACE

21 Mar 2020
Email , Categorias: Clases Pasivas,

Orden SND/266/2020, de 19 de marzo, por la que se establecen determinadas medidas para asegurar el acceso a la prestación farmacéutica del Sistema Nacional de Salud al colectivo de los Regímenes Especiales de la Seguridad Social

https://boe.es/boe/dias/2020/03/21/pdfs/BOE-A-2020-3952.pdf

 

ÚLTIMA NOTA DE RR.LL.

18 Mar 2020
Email , Categorias: Formación,

Mañá esperase mellorar os accesos tras varios traballos importantes do DIT, ao que se suma a festividade na Galiza e outros lugares.

O luns esperamos xa estar con accesos simultáneos moi mellorados, por eso deixouse deixar as tres quendas xoves e venres.

A semana próximapasaríase a dous turnos que serían de 8 a 11:30 e de 11:30 a 15:00 e libre pola tarde para quen o desexe ou queira completar tarefa

 

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 ... 79 >>