NOTA INFORMATIVA REUNIÓN DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE INTERCENTROS

30 Out 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Hoxe, 30/10/20, tivo lugar una reunión telemática do CSSI  para analizar as  Memorias de actuacións preventivas e Memorias de exámenes de saúde e datos epidemiolóxicos de 2018 e 2019,  cun apartado de rogos e preguntas.

Despois de recoñecer o traballo da equipa do Servizo de Prevención a CIG fixo constar que o importante nestes intres, e dada a grave situación na que estamos por mor da pandemia, era tomar as medidas necesarias para protexer a saúde do persoal da AEAT, as súas familias e tamén á cidadanía que reclama que os servizos que lle prestamos como Administración Pública que somos, que o fagamos con seguridade. Neste aspecto solicitamos que, perante o novo ESTADO DE ALARMA, será necesario voltar ao Plan de Actuación fronte ao COVID 19 de 17 de abril (presencialidade só para actividades esenciais, límite do 50% da plantilla, atención ao público so o 50% da xornada, teletraballo para colectivos vulnerábeis, etc…)

Tamén denunciamos o incumprimento por parte da AEAT do documento asinado na Mesa Xeral do 22 de outubro polo que se modificaba o Acordo da nova normalidade no que a Axencia comprometíase por escrito a non incrementar a presencialidade senón a facer quendas para distribuir o traballo presencial, incluso con medidas máis restrictivas que as establecidas polas autoridades sanitarias. Vendo os cuadrantes que se foron facendo públicos hoxe estamos en condicións de asegurar que a Administración incumpre o que asina, polo menos en determinadas Dependencias e Delegacións da AEAT do noso ámbito. O Acordo asinado pretendía que, ao deixar sin efecto o teletraballo para persoal con fillos menores de 14 anos, houbera unha mellor redistribución da presencialidade. Comentamos tamén que non só se incumpren os aforos máximos de determinadas Dependencias e Delegacións, senón que a maiores no peor momento da pandemia, incorpórase ao traballo presencial ao persoal que ten maiores a cargo, e nalgúns casos, persoal vulnerable, cuestión que non foi contemplada e acordada en ningún momento coa parte social. Todas estas situacións irregulares serán denunciadas pola CIG na Comisión de seguimento do acordo así como nas instancias correspondentes.

Criticamos a escasa calidade dos recoñecementos médicos que fai a AEAT e demandamos recoñecimentos para o SVA marítimo a través do ISM que conta con especialistas en sanidade marítima. Tamén demandamos a aplicación da Segunda actividade no SVA. Pedimos, xunto con outros sindicatos, aclaracións sobre o uso das mascarillas nas pausas do traballo sen obter unha resposta clarificadora e demandamos que se dote de mascariñas FFP2 a todo o persoal que se vexa obrigado a traballar sen poder gardar a distancia de seguridade.

Nos próximos días haberá unha nova reunión para aclarar a posición da Axencia respeto a volver aplicar o Plan de Actuación de 17 de abril

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Novembro 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
CMS software