MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN AA.PP.

27 Out 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas: nin eliminación da taxa de reposición nin incremento retributivo suficiente para frear a perda de poder adquisitivo Novo capítulo do confinamento da negociación colectiva por parte do goberno español, desprezando aos sindicatos da Mesa Xeral das Administracións Públicas e impondo medidas sen previa negociación nin debate.

Nunha reunión da Mesa Xeral das AA.PP. do Estado por videoconferencia con presenza das organizacións sindicais CIG, ELA, CSIF, UGT e CCOO, así como representantes de todas as administracións autonómicas e da FEMP, o Secretario de Estado do Ministerio de Política Territorial e Función Pública presentou, tan só unhas horas antes da reunión do Consello de Ministros e cando xa as dera a coñecer á prensa, as novidades que se incorporarán no proxecto de Lei de Orzamentos do Estado para 2021 a respecto dos e das empregadas públicas.   A confirmación da suba do 0,9% das retribucións así como pequenos cambios nos permisos regulados no EBEP ou o mantemento da taxa de reposición, sen ter enviado até agora ningún documento, foron as únicas novidades dunha reunión que foi abertamente criticada pola representación da CIG.

A reunión foi, por tanto, a demostración de que tamén a capacidade de negociar do actual goberno español está confinada. A perda de poder retributivo desde o ano 2010 mantense, malia a existencia nestes últimos anos dun acordo que foi vendido polos sindicatos asinantes como unha oportunidade para “recuperar o arrebatado”. A suba do 0,9%, que nin sequera inclúe claúsula de garantía salarial, non servirá tampouco desta volta para camiñar nesa recuperación da perda de poder adquisitivo, que a día de hoxe rolda xa o 10%. A CIG demandou un maior esforzo retributivo que venza as limitacións de tantos anos de recortes e do fracaso do pacto sindical co anterior goberno do PP.

subasalarial.doc