Oferta Emprego Publico 2020,Administración Xeral do Estado |
|
20 Out 2020 |
![]() As limitacións da taxa de reposición de efectivos, impostas polo acordo subscrito entre os sindicatos estatais e o goberno do PP no ano 2018,impide unha Oferta de Emprego Público que dea resposta as necesidades reais de persoal que demandan os Organismos da Administración Xeral do Estado. A negociación da Oferta de Emprego Público para o ano 2020 pechouse sen acordo; a proposta feita por parte de Función Pública, aínda que nos límites do permitido pola Lei de Orzamentos do 2018 (vixente na actualidade a consecuencia das prórrogas para os anos 2019 e 2020), non acada un número suficiente de postos a convocar que permita atender as necesidades de persoal que demandan os distintos Organismos da Administración Xeral do Estado para atender a xestión das competencias que teñen encomendadas |