NOTA INFORMATIVA REUNIÓN DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE INTERCENTROS

30 Out 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Hoxe, 30/10/20, tivo lugar una reunión telemática do CSSI  para analizar as  Memorias de actuacións preventivas e Memorias de exámenes de saúde e datos epidemiolóxicos de 2018 e 2019,  cun apartado de rogos e preguntas.

Despois de recoñecer o traballo da equipa do Servizo de Prevención a CIG fixo constar que o importante nestes intres, e dada a grave situación na que estamos por mor da pandemia, era tomar as medidas necesarias para protexer a saúde do persoal da AEAT, as súas familias e tamén á cidadanía que reclama que os servizos que lle prestamos como Administración Pública que somos, que o fagamos con seguridade. Neste aspecto solicitamos que, perante o novo ESTADO DE ALARMA, será necesario voltar ao Plan de Actuación fronte ao COVID 19 de 17 de abril (presencialidade só para actividades esenciais, límite do 50% da plantilla, atención ao público so o 50% da xornada, teletraballo para colectivos vulnerábeis, etc…)

Tamén denunciamos o incumprimento por parte da AEAT do documento asinado na Mesa Xeral do 22 de outubro polo que se modificaba o Acordo da nova normalidade no que a Axencia comprometíase por escrito a non incrementar a presencialidade senón a facer quendas para distribuir o traballo presencial, incluso con medidas máis restrictivas que as establecidas polas autoridades sanitarias. Vendo os cuadrantes que se foron facendo públicos hoxe estamos en condicións de asegurar que a Administración incumpre o que asina, polo menos en determinadas Dependencias e Delegacións da AEAT do noso ámbito. O Acordo asinado pretendía que, ao deixar sin efecto o teletraballo para persoal con fillos menores de 14 anos, houbera unha mellor redistribución da presencialidade. Comentamos tamén que non só se incumpren os aforos máximos de determinadas Dependencias e Delegacións, senón que a maiores no peor momento da pandemia, incorpórase ao traballo presencial ao persoal que ten maiores a cargo, e nalgúns casos, persoal vulnerable, cuestión que non foi contemplada e acordada en ningún momento coa parte social. Todas estas situacións irregulares serán denunciadas pola CIG na Comisión de seguimento do acordo así como nas instancias correspondentes.

Criticamos a escasa calidade dos recoñecementos médicos que fai a AEAT e demandamos recoñecimentos para o SVA marítimo a través do ISM que conta con especialistas en sanidade marítima. Tamén demandamos a aplicación da Segunda actividade no SVA. Pedimos, xunto con outros sindicatos, aclaracións sobre o uso das mascarillas nas pausas do traballo sen obter unha resposta clarificadora e demandamos que se dote de mascariñas FFP2 a todo o persoal que se vexa obrigado a traballar sen poder gardar a distancia de seguridade.

Nos próximos días haberá unha nova reunión para aclarar a posición da Axencia respeto a volver aplicar o Plan de Actuación de 17 de abril

 

OEP 2020

29 Out 2020
Email , Categorias: BOE/DOG na Hora,

No BOE do día de hoxe (29.10.2020), publícase o Real Decreto 936/2020, de 29 de Outubro, polo que se aproba a OFERTA de EMPREGO PUBLICO para o ano 2020. https://www.boe.es/boe/dias/2020/10/29/pdfs/BOE-A-2020-13116.pdf

RESUMEN das prazas de máis interese.

oferta.doc

 

Reunión da Comisión de Igualdade da AEAT 27 de outubro do 2020

28 Out 2020
Email , Categorias: Acción Social,

No día de onte tivo lugar a reunión da Comisión de Igualdade co obxecto de analisar os datos e as estatísticas de igualdade na AEAT e informar sobre as últimas novidades lexislativas e sobre as actividades formativas en materia de igualdade.

En primeiro lugar, deuse a coñecer o novo responsábel de Igualdade na AEAT, José Matías Hernandez e a seguir comentarón as táboas coa información estadística. Dende a CIG sinalamos que se constata un claro envellecemento da plantilla da AEAT que fai necesaria unha maior oferta de emprego público, que se manteñen as diverxencias a favor do xénero masculino nos niveis máis altos (29-30) e que da análise dos datos de acceso ás medidas de conciliación, despréndese que son as mulleres as que continúan soportando maioritariamente as cargas familiares.

Para acadar unha máis acaída conciliación, dende a CIG demandamos que se habiliten permisos que cubran específicamente a ausencia do posto de traballo durante a totalidade da xornada, tanto por mor de enfermidade de fillo menor ou por estaren estos obrigados a manter corentena ou illamento domiciliario polo Covid19. E a modificación dos permisos de reducción de xornada por coidado de fillo menor afectado por enfermidade grave ou por enfermidade moi grave de familiar, no senso de permitiren a súa posíbel acumulación en xornadas completas. Informáronnos tamén, sobre as novidades lexislativas que poderían ter incidencia na elaboración, por parte de Función Pública, do Terceiro Plan de Igualdade, que ficou adiado, até o de agora, por mor da pandemia do Covid19. E finalmente, comentaron que nos vindeiros días achegarán información máis completa, sobre a totalidade das accións formativas a desenrolar na AEAT en materia de Igualdade.

 

MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN AA.PP.

27 Out 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas: nin eliminación da taxa de reposición nin incremento retributivo suficiente para frear a perda de poder adquisitivo Novo capítulo do confinamento da negociación colectiva por parte do goberno español, desprezando aos sindicatos da Mesa Xeral das Administracións Públicas e impondo medidas sen previa negociación nin debate.

Nunha reunión da Mesa Xeral das AA.PP. do Estado por videoconferencia con presenza das organizacións sindicais CIG, ELA, CSIF, UGT e CCOO, así como representantes de todas as administracións autonómicas e da FEMP, o Secretario de Estado do Ministerio de Política Territorial e Función Pública presentou, tan só unhas horas antes da reunión do Consello de Ministros e cando xa as dera a coñecer á prensa, as novidades que se incorporarán no proxecto de Lei de Orzamentos do Estado para 2021 a respecto dos e das empregadas públicas.   A confirmación da suba do 0,9% das retribucións así como pequenos cambios nos permisos regulados no EBEP ou o mantemento da taxa de reposición, sen ter enviado até agora ningún documento, foron as únicas novidades dunha reunión que foi abertamente criticada pola representación da CIG.

A reunión foi, por tanto, a demostración de que tamén a capacidade de negociar do actual goberno español está confinada. A perda de poder retributivo desde o ano 2010 mantense, malia a existencia nestes últimos anos dun acordo que foi vendido polos sindicatos asinantes como unha oportunidade para “recuperar o arrebatado”. A suba do 0,9%, que nin sequera inclúe claúsula de garantía salarial, non servirá tampouco desta volta para camiñar nesa recuperación da perda de poder adquisitivo, que a día de hoxe rolda xa o 10%. A CIG demandou un maior esforzo retributivo que venza as limitacións de tantos anos de recortes e do fracaso do pacto sindical co anterior goberno do PP.

subasalarial.doc

 

REUNIÓN MESA XERAL da AEAT 22 de outubro do 2020

23 Out 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

No día de onte tivo lugar a reunión da Mesa Xeral sobre a proposta de modificación do “Acordo AEAT - Sindicatos sobre medidas a adoptar nos centros de traballo dependentes da AEAT con motivo da nova normalidade, de 19 de xuño de 2019”, en relación coa necesidade de actualizalo, garantindo a prestación do servizo público a través da apertura dos centros da AEAT e do dereito ao traballo non presencial por parte dos colectivos de traballadoras e traballadores priorizábeis.

mesaxeral-covid.pdf

 

ÚLTIMAS NOTICIAS

20 Out 2020
Email , Categorias: Carreira,

Os subgrupos A1 e A2 que cambian de tramo 0 a 1 entrarán na nómina de novembro con efectos 1 de setembro

 

Oferta Emprego Publico 2020,Administración Xeral do Estado

20 Out 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

As limitacións da taxa de reposición de efectivos, impostas polo acordo subscrito entre os sindicatos estatais e o goberno do PP no ano 2018,impide unha Oferta de Emprego Público que dea resposta as necesidades reais de persoal que demandan os Organismos da Administración Xeral do Estado. A negociación da Oferta de Emprego Público para o ano 2020 pechouse sen acordo; a proposta feita por parte de Función Pública, aínda que nos límites do permitido pola Lei de Orzamentos do 2018 (vixente na actualidade a consecuencia das prórrogas para os anos 2019 e 2020), non acada un número suficiente de postos a convocar que permita atender as necesidades de persoal que demandan os distintos Organismos da Administración Xeral do Estado para atender a xestión das competencias que teñen encomendadas

OEP2020.pdf

 

NOTAS DO CORPO SUPERIOR DO SVA

20 Out 2020
Email , Categorias: Acción Social,

No BOE do 20.10.2020 publicouse a Resolución pola que se publica a relación de aprobados na fase oposición do proceso selectivo para o ingreso, polo sistema de acceso libre e promoción interna, no Corpo Superior de Vixilancia Aduaneira, especialidades de Investigación, Navegación e Propulsión.

Achégase ligazón: https://www.boe.es/boe/dias/2020/10/20/pdfs/BOE-A-2020-12598.pdf

 

AXENTES DA FACENDA PÚBLICA

16 Out 2020
Email , Categorias: Acción Social,
 

Comisión Paritaria e de Valoración de AcciónSocial ‐ 15.10.2020

16 Out 2020
Email , Categorias: Acción Social,

No día de onte tivemos reunión da Comisión Paritaria de Valoración de AcciónSocial,co  obxecto defacilitarnos información sobr a execución do Plan de Acción Social

cig.pdf

 

ACCIÓN SOCIAL

06 Out 2020
Email , Categorias: Acción Social,

O vindeiro venres, día 9, remata o prazo de presentación de solicitudes de axuda de Acción Social na modalidade de Promoción do Persoal.

 

FESTAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DO CALENDARIO LABORAL PARA O ANO 2021

02 Out 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

FESTAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DO CALENDARIO LABORAL PARA O ANO 2021. ➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖ Festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2021: ▪

1 de xaneiro: Aninovo. ▪

6 de xaneiro: Día de Reis. ▪

19 de marzo: Día de San Xosé. ▪

1 de abril: Xoves Santo. ▪

2 de abril: Venres Santo. ▪

1 de maio: Día Internacional da Clase Traballadora. ▪

17 de maio: Día das Letras Galegas. ▪

12 de outubro: Festa do Estado. ▪

1 de novembro: Todos os Santos. ▪

6 de decembro: Día da Constitución. ▪

8 de decembro: Día da Inmaculada. ▪

25 de decembro: Nadal.

As festas mencionadas terán carácter obrigatorio e non recuperable.  Tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da comunidade autónoma será determinada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Emprego e Igualdade. As ditas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia.Cómputo de prazos: De acordo co que dispón o artigo 30.7 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as festas laborais sinaladas no artigo 1 terán o carácter de días inhábiles para os efectos de cómputo de prazos. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200930/AnuncioG0599-240920-0001_gl.html

 

101/10/2020 C.I.G. - AXENCIA TRIBUTARIA Reunión da Comisión Permanente de Saúde Laboral

02 Out 2020
Email , Categorias: Acción Social,

No día de onte tivo lugar a reunión da Comisión Permanente do Comité de Saúde Laboral Intercentros co obxecto de analisar a actualización do protocolo COVID-19 nos Buques de Operacións Especiais, a nota do Servizo de Prevención coas recomendacións sobre as medidas de ventilación e a utilización dos sistemas de climatización nos edificios da AEAT e maila súa guía de aplicación técnica, os criterios para a aplicación do Plan de Actuación da AEAT fronte o SARS-COV2 en áreas xeográficas con gromos con posíbel trasmisión comunitaria, e finalmente, a situación do contrato de Vixianza da Saúde e outras actividades preventivas.

En relación coa actualización do protocolo COVID-19 nos Buques de Operacións Especiais, dende a CIG fixemos constar a nosa oposición ás excepcións para o embarque con carácter obrigatorio do persoal vulnerábel que se recollen no documento apresentado, en concreto, por mor de necesidades do servizo ou por motivos inevitábeis.

En canto aos criterios para a aplicación do Plan de Actuación da AEAT fronte o SARS-COV2, insistimos na necesidade de procurar o equilibrio entre a correcta prestación dos servizos públicos á cidadanía e o dereito á saúde das traballadoras e dos traballadores da AEAT. Pensamos que a Axencia Tributaria ten que adecuar as medidas inicialmente adoptadas, a medida en que se produzan variacións, mesmo anticipándose a elas, na situación sanitaria das diferentes zonas xeográficas do Estado, nomeadamente naquelas áreas nas que se identificou unha posíbel trasmisión comunitaria do virus ou un aumento excesivo dos índices de contaxio. Neste sentido, preguntamos, aínda que sen obter resposta, se a AEAT prevé a adopción de medidas de conciliación familiar para as traballadoras e os traballadores que se vexan afectados polo peche de colexios ou centros de día. En canto á campaña de vacinación antigripal, informáronnos que este ano a AEAT non a vai a realizar por falla de disponibilidade destas vacinas, polo que quen desexe vacinarse deberá dirixirse ao seu centro de saúde do SERGAS ou da entidade concertada que lle preste o servizo. Seguiremos informando