A CIG mantén o seu rexeitamento a asinar á proposta de regulación do teletraballo do Ministerio |
|
23 Set 2020 |
![]() Remataron xa as negociacións sen que se recolleran as aportacións da central sindical no EBEP A Área Pública da CIG vén de manifestar a súa posición en relación coa negociación do grupo de traballo da mesa xeral de negociación das administracións públicas, creado para a regulación do traballo a distancia no EBEP. A central sindical mantén o rexeitamento a asinar a proposta porque a representación da administración do Estado non aceptou trasladar á parte dispositiva do EBEP (art.47 bis) a redacción aportada na última proposta da propia administración que figura na exposición de motivos. Entre outras cuestións, a Área Pública da CIG defendía que se contemplara que a regulamentación do teletraballo non pode significar unha redución de dereitos das persoas administradas, nin das persoas empregadas públicas. Entende que “a modalidade de traballo en remoto non pode supor para a cidadanía unha brecha dixital coas administracións”, polo que demanda que estea garantida, en todo caso, a atención presencial permanente. |