RESOLUCIÓN PANEIS C1 E C2

17 Set 2020
Email , Categorias: Concursos,

No día de hoxe quedou rematada Comisión de Valoración dos Paneles dos Corpos e Escalas pertencentes aos Subgrupos C2 (2020P04) e C1 (2020P03), dando como resultado a adxudicación de 55 prazas en Galicia, das que 33 se corresponden ao panel de auxiliares e 22 ao panel de administrativos.

A dotación inicialmente prevista pola Administración ascendía a 33 prazas, e tras o proceso negociador coas organizacións sindicais, nomeadamente coa CIG, e vistas as necesidades de persoal das diferentes Delegacións e Administracións, conseguíuse aumentar até as 55 adxudicacións, incorporando funcionarios, mesmo en destinos tradicionalmente pouco ofertados e de forte demanda como os pertencentes á provincia de Ourense. Neste sentido, é de salientar que na Delegación de Ourense adxudicáronse 10 prazas de auxiliar, e que 31 das 55 prazas adxudicadas, serán ocupadas por funcionarias e funcionarios procedentes de fóra de Galicia.

Paneisc1c2.pdf