A CIG non asinará o acordo para regular o teletraballo nas administracións públicas

15 Set 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Rexeita que se formule como medida de conciliación e demanda evitar a súa feminización.

A Área Pública da CIG non asinará o acordo co Ministerio de Administracións Públicas sobre traballo a distancia tras fracasar as negociacións na Mesa Xeral. O seu portavoz, Xabier Picón, explica que o Ministerio presentou unha proposta inicial “bastante cativa” á que a central sindical presentou unha serie de alegacións que “foron asumidas en boa parte” pero só para a súa inclusión na exposición de motivos, mais “sen carácter vinculante para as distintas administracións públicas”. Fronte a isto, a CIG demanda que se teñan en conta para a súa inclusión no articulado e que obriguen ás administracións ao seu cumprimento. Demanda coa que coinciden as outras organizacións sindicais presentes na mesa de negociación.

Entre outras cuestións, a Área Pública da CIG defende que a regulamentación do teletraballo non pode significar unha redución de dereitos das persoas administradas, nin das persoas empregadas públicas. Entende que “a modalidade de traballo en remoto non pode supor para a cidadanía unha brecha dixital coas administracións”, polo que demanda que estea garantida, en todo caso, a atención presencial permanente. Por iso considera que a lei debe incluír a matización de que a modalidade de teletraballo non será considerada ordinaria, nin absoluta. Isto é, cada administración deberá analizar en cada ámbito e recoller na normativa reguladora, a porcentaxe de servizos que poden desenvolverse a distancia, combinando a presencialidade e o teletraballo.

https://www.cig.gal/nova/a-cig-non-asinara-o-acordo-co-ministerio-sobre-traballo-a-distancia.html

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Setembro 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution CMS