REUNIÓN CO SECRETARIO XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA 23/09/2020

26 Set 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Consecuencia da solicitude da CIG, e resto de sindicatos asinantes do acordo da resolución de 17 de xuñopola que se establecían os criterios para o regreso ao traballo presencial na situación de “novanormalidade”, o mércores 23 de setembro manƟvemos reunión co Secretario Xeral e a Directora Xeral deFunción Pública, para facer unha análise de como se estaba a aplicar a devandita resolución.En conxunto entendemos que está a resultar unha ferramenta útil para regular as distintas modalidades de prestación de servizo, sobre todo en ausencia dunha normativa especifica de modalidade de teletraballo. Con carácter xeral está a haber unha aplicación pacífica e negociada na maioría da Administración Xeral do Estado; con algunhas excepcións que están a provocar malestar por incumprimentos da norma ditada; respecto das que expuxemos as nosas queixas, e solicitamos se tomen medidas oportunas para buscar solucións acordadas coa representación do persoal.Os ámbitos onde denunciamos unha non aplicación, ou aplicación deficiente da Resolución foron nos Ministerios de Facenda e de Inclusión e Seguridade Social. Onde non houbo acordo algún nas respectivas mesas delegadas de negociación, e os responsables dos RR.HH. dos Organismos dependentes deste Ministerios están a aplicar (ou non aplicar) a Resolución con total discrecionalidade, xerando inseguridade eagravios comparativos entre os distintos tipos de persoal.Tamén criticamos que non se estean a dar un tratamento homoxéneo para as situacións de persoal considerado vulnerable; xa que, para casos semellantes, estanse a aplicar distintas solucións segundo o Departamento ou Organismo no que estean destinados.A vista da evolución (negativa) da pandemia, dos problemas xurdidos cos protocolos establecidos para o inicio do curso escolar e do funcionamento dos centros e residencias de atención a persoas dependentes;por parte da CIG, solicitamos que se establecese un permiso retribuído (por deber inescusable) para aquelas persoas que, tendo menores en idade escolar ou maiores dependentes que non estean infectados,teñan que facerse cargo deles no seu domicilio por ter pechado as aulas, escolas ou residencias nas que estaban a ser atendidos.Como resposta as nosas demandas, o Secretario Xeral de Función Pública, manifestou ser coñecedor daexistencia de desaxustes na aplicación da Resolución e comprensivo cos argumentos que motivaban as nosas peticións; informou de que para o luns 28 estaba prevista unha reunión da Comisión Superior de Persoal, na que, presidida polo Secretario de Estado, estaban convocados os Subsecretarios de todos os Ministerios, e comprometeuse a facer unha exposición e análise pormenorizado dos asuntos expostos; así como unha avaliación do contido da propia Resolución, por si, diante da actual situación, requiriría de modificación ou sería suficiente para, do xeito mais homoxéneo posible, dar solución aos problemas que están a xurdir nos distintos Departamentos.Quedamos á espera dunha nova convocatoria ou comunicación da Secretaría Xeral de Función Pública paraque se nos informe do resultado da reunión desa Comisión

 

REUNIÓN CO SECRETARIO XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA 23/09/2020

26 Set 2020
Email , Categorias: Acción Social,

REUNIÓN CO SECRETARIO XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA23/09/2020Comisión Seguimento Resolución 17 xuño sobre volta ao traballo presencialConsecuencia da solicitude da CIG, e resto de sindicatos asinantes do acordo da resolución de 17 de xuñopola que se establecían os criterios para o regreso ao traballo presencial na situación de “novanormalidade”, o mércores 23 de setembro manƟvemos reunión co Secretario Xeral e a Directora Xeral deFunción Pública, para facer unha análise de como se estaba a aplicar a devandita resolución.En conxunto entendemos que está a resultar unha ferramenta úƟl para regular as disƟntas modalidadesde prestación de servizo, sobre todo en ausencia dunha normaƟva especifica de modalidade deteletraballo. Con carácter xeral está a haber unha aplicación pacífica e negociada na maioría daAdministración Xeral do Estado; con algunhas excepcións que están a provocar malestar por incumprimentosda norma ditada; respecto das que expuxemos as nosas queixas, e solicitamos se tomen medidas oportunaspara buscar solucións acordadas coa representación do persoal.Os ámbitos onde denunciamos unha non aplicación, ou aplicación deficiente da Resolución foron nosMinisterios de Facenda e de Inclusión e Seguridade Social. Onde non houbo acordo algún nas respecƟvasmesas delegadas de negociación, e os responsables dos RR.HH. dos Organismos dependentes desteMinisterios están a aplicar (ou non aplicar) a Resolución con total discrecionalidade, xerando inseguridade eagravios comparaƟvos entre os disƟntos Ɵpos de persoal.Tamén criƟcamos que non se estean a dar un tratamento homoxéneo para as situacións de persoalconsiderado vulnerable; xa que, para casos semellantes, estanse a aplicar disƟntas solucións segundo oDepartamento ou Organismo no que estean desƟnados.A vista da evolución (negaƟva) da pandemia, dos problemas xurdidos cos protocolos establecidos para oinicio do curso escolar e do funcionamento dos centros e residencias de atención a persoas dependentes;por parte da CIG, solicitamos que se establecese un permiso retribuído (por deber inescusable) paraaquelas persoas que, tendo menores en idade escolar ou maiores dependentes que non estean infectados,teñan que facerse cargo deles no seu domicilio por ter pechado as aulas, escolas ou residencias nas queestaban a ser atendidos.Como resposta as nosas demandas, o Secretario Xeral de Función Pública, manifestou ser coñecedor daexistencia de desaxustes na aplicación da Resolución e comprensivo cos argumentos que moƟvaban as nosaspeƟcións; informou de que para o luns 28 estaba prevista unha reunión da Comisión Superior de Persoal, naque, presidida polo Secretario de Estado, estaban convocados os Subsecretarios de todos os Ministerios, ecomprometeuse a facer unha exposición e análise pormenorizado dos asuntos expostos; así como unhaavaliación do conƟdo da propia Resolución, por si, diante da actual situación, requiriría de modificación ousería suficiente para, do xeito mais homoxéneo posible, dar solución aos problemas que están a xurdir nosdisƟntos Departamentos.Quedamos á espera dunha nova convocatoria ou comunicación da Secretaría Xeral de Función Pública paraque se nos informe do resultado da reunión desa Comisión

 

A CIG mantén o seu rexeitamento a asinar á proposta de regulación do teletraballo do Ministerio

23 Set 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Remataron xa as negociacións sen que se recolleran as aportacións da central sindical no EBEP A Área Pública da CIG vén de manifestar a súa posición en relación coa negociación do grupo de traballo da mesa xeral de negociación das administracións públicas, creado para a regulación do traballo a distancia no EBEP.

A central sindical mantén o rexeitamento a asinar a proposta porque a representación da administración do Estado non aceptou trasladar á parte dispositiva do EBEP (art.47 bis) a redacción aportada na última proposta da propia administración que figura na exposición de motivos. Entre outras cuestións, a Área Pública da CIG defendía que se contemplara que a regulamentación do teletraballo non pode significar unha redución de dereitos das persoas administradas, nin das persoas empregadas públicas. Entende que “a modalidade de traballo en remoto non pode supor para a cidadanía unha brecha dixital coas administracións”, polo que demanda que estea garantida, en todo caso, a atención presencial permanente.

https://www.cig.gal/nova/a-cig-manten-o-seu-rexeitamento-a-asinar-a-proposta-de-regulacion-do-teletraballo-do-ministerio.html

 

Lei de teletraballo

23 Set 2020
Email , Categorias: Acción Social,

A CIG denuncia que a lei do teletraballo non establece as bases para garantir unhas condicións laborais dignas O Goberno español interrompeu de maneira insólita a tramitación normativa para trasladar o debate ao marco do diálogo social

https://www.cig.gal/nova/a-cig-denuncia-que-a-lei-do-teletraballo-non-establece-as-bases-para-garantir-unhas-condicions-laborais-dignas.html

 

RESOLUCIÓN PANEIS C1 E C2

17 Set 2020
Email , Categorias: Concursos,

No día de hoxe quedou rematada Comisión de Valoración dos Paneles dos Corpos e Escalas pertencentes aos Subgrupos C2 (2020P04) e C1 (2020P03), dando como resultado a adxudicación de 55 prazas en Galicia, das que 33 se corresponden ao panel de auxiliares e 22 ao panel de administrativos.

A dotación inicialmente prevista pola Administración ascendía a 33 prazas, e tras o proceso negociador coas organizacións sindicais, nomeadamente coa CIG, e vistas as necesidades de persoal das diferentes Delegacións e Administracións, conseguíuse aumentar até as 55 adxudicacións, incorporando funcionarios, mesmo en destinos tradicionalmente pouco ofertados e de forte demanda como os pertencentes á provincia de Ourense. Neste sentido, é de salientar que na Delegación de Ourense adxudicáronse 10 prazas de auxiliar, e que 31 das 55 prazas adxudicadas, serán ocupadas por funcionarias e funcionarios procedentes de fóra de Galicia.

Paneisc1c2.pdf

 

A CIG non asinará o acordo para regular o teletraballo nas administracións públicas

15 Set 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Rexeita que se formule como medida de conciliación e demanda evitar a súa feminización.

A Área Pública da CIG non asinará o acordo co Ministerio de Administracións Públicas sobre traballo a distancia tras fracasar as negociacións na Mesa Xeral. O seu portavoz, Xabier Picón, explica que o Ministerio presentou unha proposta inicial “bastante cativa” á que a central sindical presentou unha serie de alegacións que “foron asumidas en boa parte” pero só para a súa inclusión na exposición de motivos, mais “sen carácter vinculante para as distintas administracións públicas”. Fronte a isto, a CIG demanda que se teñan en conta para a súa inclusión no articulado e que obriguen ás administracións ao seu cumprimento. Demanda coa que coinciden as outras organizacións sindicais presentes na mesa de negociación.

Entre outras cuestións, a Área Pública da CIG defende que a regulamentación do teletraballo non pode significar unha redución de dereitos das persoas administradas, nin das persoas empregadas públicas. Entende que “a modalidade de traballo en remoto non pode supor para a cidadanía unha brecha dixital coas administracións”, polo que demanda que estea garantida, en todo caso, a atención presencial permanente. Por iso considera que a lei debe incluír a matización de que a modalidade de teletraballo non será considerada ordinaria, nin absoluta. Isto é, cada administración deberá analizar en cada ámbito e recoller na normativa reguladora, a porcentaxe de servizos que poden desenvolverse a distancia, combinando a presencialidade e o teletraballo.

https://www.cig.gal/nova/a-cig-non-asinara-o-acordo-co-ministerio-sobre-traballo-a-distancia.html

 

Fin prazo axudas Acción Social (14 de setembro)

11 Set 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Lembrade que o vindeiro luns, 14 de setembro, remata o prazo para presentar as seguintes solicitudes de axuda de Acción Social:

- Axudas de saúde (modalidades 2.2) : fisioterapia, rehabilitación, material ortoprotésico, podoloxía) e 2.3 (tratamentos de saúde mental, trastornos de aprendizaxe, estimulación temperá...)

- Discapacidade/dependencia

- Excepcionais (ruptura familiar, violencia de xénero, gastos de tratamento de saúde de carácter extraordinario..) - Xubilación ou incapacidade absoluta -Falecemento ou gran invalidez

Lembrade tamén que o prazo de presentación da axuda para a promoción do personal ampliouse ata o 9 de outubro, sendo o periodo de cobertura ata o 30 de setembro.

CIG-Axencia Tributaria

Delegación AEAT A Coruña Ext:868 89 -Telf 981 61 68 89

Fax 981 12 72 22

www.cigaeat.com

 

PRÓXIMOS PANEIS

02 Set 2020
Email , Categorias: Concursos,

CIG Informa: Paneles C1 e C2 (Administrativos e Auxiliares) infórmannos desde RR.HH que a mediados da próxima semana sairán os listados dos Paneles C1 e C2. A reunión da Comisión de Valoración está prevista para a semana do 14 de setembro