O sindicalismo de “agarrádeme que lle dou” |
|
24 Jul 2020 |
![]() As respostas duras que se deron na crise económica iniciada a finais de 2007 no terreo laboral, que tamén as houbo, na maioría dos casos fixéronse a pesar de CCOO e UGT, mesmo as folgas xerais que se terminaron convocando, algunha coa oposición destas dúas centrais. O sindicalismo españolista, desde que se instalou na política do denominado Pacto Social, pero especialmente nos últimos anos en que a súa integración e absorción polo sistema é xa total, intenta compensar a súa práctica sindical de desmobilización e de colaboración co poder, cunha actitude de ameaza verbal, dirixida á patronal ou ao goberno, de desatar unha tormenta de conflitividade se non ceden ás súas reivindicacións, para finalmente quedar reducida esa tormenta a un pequeno orballo, no mellor dos casos. https://www.cig.gal/nova/o-sindicalismo-de-agarrademe-que-lle-dou.html |