REUNIÓN DA MESA NOVA NORMALIDADE: TELETRABALLO E OUTROS ASUNTOS |
|
30 Jun 2020 |
![]() Hoxe tuvo lugar unha reunión para falar do teletraballo e “outros asuntos”. Dende o punto de vista da CIG resultou una reunión caótica na que se falou durante horas de casi todo, acusándose os sindicatos estatais uns aos outros de todas as fechorías habidas e por haber, e dedicando uns poucos minutos a falar de teletraballo ou traballo a distancia. Unha cousa si quedou clara, a AEAT, a imitación de Función Pública, cumplirá a normativa vixente en materia de vacacións, a CIG fixo constar que nun momento tan excepcional como o que estamos vivindo o persoal debería poder coller os días de vacacións a conveniencia. Falando do teletraballo expuxemos as nosas liñas maestras para poder garantir os dereitos do persoal, no que ten a ver coas súas condicións laborais e salariais, para negociar un Acordo que regule este tema: - Debe ser voluntario e reversible - Non deberá haber negociacións e/ou acordos individuais que que poidan fomentar o individualismo e a competitividad que irían en contra dos traballadores e traballadoras - Rexistro real da xornada - Dereito á desconexión dixital - Garantías de participación Sindical - Medidas de seguridade e saúde axeitadas, igual que se estuveran no centro de traballo Os traballadores e traballadoras deben ter en conta que non todo é “Jauja” no teletraballo xa que este pode conlevar a desaparición entre a vida persoal e profesional e a sensación de soedade e aislamento así como a aparición de outros problemas de orde física ou sicolóxica. SEGUIREMOS INFORMANDO |