NOTA INFORMATIVA SOBRE A NOVA NORMALIDADE EN FUNCIÓN PÚBLICA

17 Jun 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

A CIG súmase ao acordo para establecemento das medidas organizativas do persoal da Administración Xeral do Estado na etapa de Nova Normalidade.

Logo de que rematase a situación do Estado de Alarma decretado pola Pandemia do COVID-19, facíase necesario atender algunhas cuestións relativas as condicións de traballo do persoal para a volta a nova normalidade; para elo acordouse co Ministerio de Política Territorial e Función Pública una Resolución para dar cobertura a esta nova situación.

A Resolución irá acompañada da actualización da Instrución que regula as medidas preventivas segundo as normas ditadas polas autoridades sanitarias. Aínda que non contempla a totalidade das aspiracións pretendidas pola CIG, a Resolución dará solución a unha gran parte das demandas do persoal, en especial a aquelas relacionadas coas necesidades de conciliación; para a que se mantén, de xeito xeral, a posibilidade de prestación de servizos de xeito non presencial.

A resolución afectará a todo o persoal da Administración Xeral do Estado; aínda que non será de aplicación directa, por ter que adecuarse a cada departamento ou organismo concreto, previa negociación coa representación do persoal no seu respectivo ámbito.

NOVANORMALIDADEFP.pdf

 

PRAZOS DE ACCIÓN SOCIAL

17 Jun 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Lembrade que o próximo luns, día 22 de xuño, rematan os prazos para presentar as solicitudes das seguintes axudas:

- Coidado de fillos menores de tres anos (a documentación xustificativa pódese presentar ata o 13 de setembro)

- Desenvolvimento educativo

-Estudos dos empregados

- Axudas de saúde (na modalidade 2.1: tratamentos odontolóxicos, próteses visuais, ortodoncia, operacións por cirurxía láser déficit visual)

Non o deixedes para o último día Se tedes algunha dúbida contactade con nós.