NOVA REUNIÓN MESA AEAT |
|
05 Jun 2020 |
![]() Hoxe tivemos nova reunión da Comisión de Seguimento do Acordo para a reincorporación paulatina ao traballo presencial, na que quedou de manifesto, tanto por parte da AEAT como da representación sindical, que o importante é protexer a saúde do persoal da Axencia e dos propios cidadáns que acudan ás oficinas da AEAT nas que se lle presta un servizo público esencial. Interviñeron os e as directores/as dos distintos Departamentos da Axencia que expuxeron e argumentaron a súa idea sobre os servizos esenciais en cada fase e a reincorporación ao traballo presencial.
|