REUNIÓN DA MESA NOVA NORMALIDADE: TELETRABALLO E OUTROS ASUNTOS |
|
30 Jun 2020 |
![]() Hoxe tuvo lugar unha reunión para falar do teletraballo e “outros asuntos”. Dende o punto de vista da CIG resultou una reunión caótica na que se falou durante horas de casi todo, acusándose os sindicatos estatais uns aos outros de todas as fechorías habidas e por haber, e dedicando uns poucos minutos a falar de teletraballo ou traballo a distancia. Unha cousa si quedou clara, a AEAT, a imitación de Función Pública, cumplirá a normativa vixente en materia de vacacións, a CIG fixo constar que nun momento tan excepcional como o que estamos vivindo o persoal debería poder coller os días de vacacións a conveniencia. Falando do teletraballo expuxemos as nosas liñas maestras para poder garantir os dereitos do persoal, no que ten a ver coas súas condicións laborais e salariais, para negociar un Acordo que regule este tema: - Debe ser voluntario e reversible - Non deberá haber negociacións e/ou acordos individuais que que poidan fomentar o individualismo e a competitividad que irían en contra dos traballadores e traballadoras - Rexistro real da xornada - Dereito á desconexión dixital - Garantías de participación Sindical - Medidas de seguridade e saúde axeitadas, igual que se estuveran no centro de traballo Os traballadores e traballadoras deben ter en conta que non todo é “Jauja” no teletraballo xa que este pode conlevar a desaparición entre a vida persoal e profesional e a sensación de soedade e aislamento así como a aparición de outros problemas de orde física ou sicolóxica. SEGUIREMOS INFORMANDO |
COMISIÓN DE SEGUIMENTO ACORDO PIA 2020 |
|
26 Jun 2020 |
![]() Hoxe celebrouse a reunión da Comisión de Seguimento do Plan de Intensificación de Actuacións 2020. No principio da reunión a Admón. explicou como se vai a aplicar o Acordo. |
ACORDO AEAT-SINDICATOS SOBRE NOVA NORMALIDADE |
|
19 Jun 2020 |
No día de hoxe asinouse o Acordo sobre "nova normalidade" entre a AEAT e os Sindicatos máis representativos.
|
FORMACIÓN CONTINUA 2020 NA AEAT |
|
18 Jun 2020 |
|
NOTA INFORMATIVA SOBRE A NOVA NORMALIDADE EN FUNCIÓN PÚBLICA |
|
17 Jun 2020 |
![]() A CIG súmase ao acordo para establecemento das medidas organizativas do persoal da Administración Xeral do Estado na etapa de Nova Normalidade. Logo de que rematase a situación do Estado de Alarma decretado pola Pandemia do COVID-19, facíase necesario atender algunhas cuestións relativas as condicións de traballo do persoal para a volta a nova normalidade; para elo acordouse co Ministerio de Política Territorial e Función Pública una Resolución para dar cobertura a esta nova situación. A Resolución irá acompañada da actualización da Instrución que regula as medidas preventivas segundo as normas ditadas polas autoridades sanitarias. Aínda que non contempla a totalidade das aspiracións pretendidas pola CIG, a Resolución dará solución a unha gran parte das demandas do persoal, en especial a aquelas relacionadas coas necesidades de conciliación; para a que se mantén, de xeito xeral, a posibilidade de prestación de servizos de xeito non presencial. A resolución afectará a todo o persoal da Administración Xeral do Estado; aínda que non será de aplicación directa, por ter que adecuarse a cada departamento ou organismo concreto, previa negociación coa representación do persoal no seu respectivo ámbito. |
PRAZOS DE ACCIÓN SOCIAL |
|
17 Jun 2020 |
![]() Lembrade que o próximo luns, día 22 de xuño, rematan os prazos para presentar as solicitudes das seguintes axudas: - Coidado de fillos menores de tres anos (a documentación xustificativa pódese presentar ata o 13 de setembro) - Desenvolvimento educativo -Estudos dos empregados - Axudas de saúde (na modalidade 2.1: tratamentos odontolóxicos, próteses visuais, ortodoncia, operacións por cirurxía láser déficit visual) Non o deixedes para o último día Se tedes algunha dúbida contactade con nós. |
PLAN DE ACCIÓN SOCIAL 2020 |
|
10 Jun 2020 |
![]() |
NOVA REUNIÓN MESA AEAT |
|
05 Jun 2020 |
![]() Hoxe tivemos nova reunión da Comisión de Seguimento do Acordo para a reincorporación paulatina ao traballo presencial, na que quedou de manifesto, tanto por parte da AEAT como da representación sindical, que o importante é protexer a saúde do persoal da Axencia e dos propios cidadáns que acudan ás oficinas da AEAT nas que se lle presta un servizo público esencial. Interviñeron os e as directores/as dos distintos Departamentos da Axencia que expuxeron e argumentaron a súa idea sobre os servizos esenciais en cada fase e a reincorporación ao traballo presencial.
|
BOE PETREL |
|
04 Jun 2020 |
![]() A/A DIRECTORA DE RR.HH, DIRECTOR ADJUNTO DE V.A. Y SUBDIRECTOR DE RR.LL E este último viaje del BOE PETREL, aún no ha terminado, han sucedido una serie de hechos que nos vemos en la obligación de denunciar: |
COMISIÓN DE SEGUIMENTO CAMPAÑA DE RENDA |
|
01 Jun 2020 |
![]() COMISIÓN DE SEGUIMENTO DA CAMPAÑA DA RENDA 01/06/2020 Tivemos hoxe a reunión de seguimento da Campaña da Renda. A Administración trasládanos a “posibilidade” de comenzar a campaña presencial para o vindeiro día 8 de xuño. De momento din que esa data ainda non é segura, e que a data dependerá da evolución do confinamento e da situación xeral e da fase na que se atope cada territorio. Din que ainda non teñen decidido que centros nin canto persoal se incorporaría á campaña presencial, pero nos aseguran que en todo caso será respetando os protocolos asinados para a incorporación segura e con criterios de voluntariedade. Quen queira seguir con teletraballo poderá seguir sin ningún problema. A esta renda presencial incorporaríanse os operadores e persoal de apoio que voluntariamente queira participar; os coordinadores poderían seguir en teletraballo prestando os seus servicios como hasta o momento a través da videoconferencia. A atención telefónica seguirá sendo a preferida e prioritaria. Dende da CIG trasladámoslles a nosa preocupación porque se cumplan os protocolos de seguridade e limpeza insistindo na voluntariedade de participación. Tamén solicitamos que antes de do comenzo da campaña presencial se faga unha avaliación dos locais que se utilizarían. Respecto da campaña telefónica, trasladámoslles os problemas que teñen os contribuintes para obter o número de referencia (que casi nunca o poden conseguir), pedindo un reforzo do persoal de apoio que se dedica a esta tarea. Tamén respecto do persoal de apoio trasladamos a nosa queixa por desconocer os criterios de selección dos compañeiros que elexiron entre todas as solicitudes e pedimos unha rotación dos compañeiros que se anotaron para apoio entre as licenzas disponibles como fixeron noutras Delegacións. |