RESUMO MESA XERAL 29 DE MAIO 2020

30 Mai 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Na reunión de onte a Admón. Presentounos un borrador de adenda á Instrucción de 11 de maio da Directora de RR.HH. sobre a reincorporación progresiva ao posto de traballo presencial do persoal da AEAT. Despois dunha corta exposición explicándonos o contido da adenda por parte do Subdirector de RR.LL abriuse un turno de intervención por parte das organización sindicais máis representativas no ámbito da Axencia Tributaria. Por parte da Confederación Intersindical Galega, a pesar do pouco tempo para analizar o texto que se nos presenta, fixemos una serie de alegacións, verbalmente, sobre o citado borrador; en primeiro lugar destacamos, como xa fixéramos na reunión anterior, que o momento crítico no que nos atopamos pola pandemia parécenos que actuar en clave de maiorías e minorías é dunha cortedade de miras que non merece o persoal da AEAT e insistimos na busca dun consenso reclamando un esforzo por parte da Admón. para alcanzalo. Referímonos á necesidade de extremar a parte da xornada non presencial e que se mantivera o teletraballo o máximo tempo posible incluíndo a súa pervivencia no que se deu en chamar “nova normalidade”, sobre todo que non teñan que incorporarse ao traballo presencial aqueles traballadores e traballadoras con coidado de fillos ou persoas dependentes, mentras non abran os colexios e os centros de día e que se avise ca antelación suficiente ao persoal que se ten que incorporar e non que os convoquen dun día para outro.Solicitamos que non sexa obrigatorio coller os 15 de días de vacacións nos meses de verán algo que se terá que ver na Comisión de seguimento. Reclamamos a búsqueda de equilibrio entre o dereito dos contribuintes a ter un servizo público e de calidade e o dereito á saúde dos empregados e empregadas públicos. Conseguimos acotar no tempo a negociación das condicións do teletraballo pese á oposición de algún representante sindical. Dende a CIG congratulámonos que houbera consenso neste tema e que non se fixera imposición de maiorías sobre minorías e tivemos que recurrir a una obviedade ante a cegueira dalgúns ( decía o poeta: tristes tempos aqueles nos que hai que explicar o obvio) O 100% É MÁIS QUE O 60% Saúde e Terra, seguiremos traballando e informando