PREVENCIÓN-SVA

27 Mai 2020
Email , Categorias: Acción Social,

O pasado venres, tras unha petición á Presidenta do Comité de Sáude Laboral, o delegado de prevención da CIG no Comité Provincial da Coruña visitou a embarcación de Vixilancia Aduaneira para comprobar in situ a aplicación das medidas e protocolos de saúde laboral. Acompañounos o responsable de Loxística da área, o cal facilitounos todas as explicacións ás nosas inquietudes, tanto as relativas á embarcación coma do vehículos de Aduanas utilizados plo noso persoal.. Coméntanos que hai stock suficiente de EPIS, tanto para vehículos como para a embarcación: máscaras, luvas de Nitrilo, lentes, fundas desechables e xel desinfectante. Na embarcación botamos en falta a afombra desinfectante, termómetro de distancia e a cartelería con información. Pedimos que as papeleiras dos baños teñan tapa de pedal e solicitámoslle fundas para o calzado (patucos cirúrxicos), tamén lle comentamos que se estudase a posibilidade de que en próximas reparacións cambiar as billas de apertura manual para apertura de pedal, (pé). Tras as nosas observacións comentounos que espera que nesta semana que entra chegue todo o material que falta de acordo cos protocolos e normativa de Prevención de Riscos Laborais. Nos vehículos coméntanos que xa teñen a empresa que se encargará da súa desinfección segundo marca o protocolo, e a maiores, que eses vehículos, tras a desinfección terannos anos precintados sobre 5 días despois do seu oso, para unha maior seguridade, Estamos á espera que se realice un curso sobre o COVID19 para todo o persoal da AEAT, pero mentres tanto, é moi importante que o persoal coñeza os protocolos e as medidas que se van aprobando na AEAT Tamén agradecemos que nos fagades chegar todas aquelas suxestións que poidan mellorar as medidas de protección para facelas chegar aos responsables pertinentes.

 

REUNIÓN MESA DA AEAT

27 Mai 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Mesa Xeral da AEAT: Instrucción de reincorporación progresiva ao posto de traballo

mesaxeralvinte.pdf