REUNIÓN MESA DA AEAT

25 Mai 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

REUNIÓN MESA DA AEAT

Empezou a reunión o Subdirector de RR.LL informando do documento do Ministerio de Sanidade, do venres pasado, que incorpora dúas novas patoloxías ao colectivo de persoal vulnerable, e tamén dunha condición persoal que se axusta á de persoal vulnerable. Sobre a polémica encol da Instrucción da Directora de RR.HH lanzada sen previa consulta ou negociación ca parte social o Subdirector de RR.LL asumiu toda a responsabilidade amparándose nunha lectura errónea da Resolución do Secretario de Estado de Política Territorial de 4 de maio.

Sin entrar en máis consideracións sobre este particular e remitíndonos ao escrito de protesta remitido no seu día á Directora de RR.HH, a nosa intervención baseouse na protesta enérxixa por como se está xestionando a reincorporación progresiva: desatre, caos, falta de información, desprecio aos lexítimos representantes do persoal, improvisación, disparidade de criterios ( non só entre Delegacións especiais, senón dentro das propias DD.EE e tamén dentro das delegacións entre distintos departamentos ) En fin, e sen ánimo de ser catástofristas, un caos total.

Tamén lles pedimos que se comprometan a respetar a concialiación por cuestión de menores e/ou maiores a cargo e que se teña en conta a presencia de persoal vulnerable , nin voluntariamente, nin de ninguna maneira, en traballo presencial.

Na Galiza, 22 de maio de 2020

SEGUIREMOS INFORMANDO