RESUMEN DA REUNIÓN DE HOXE DO INTERCENTROS DE SAÚDE LABORAL

12 Mai 2020
Email , Categorias: Campaña IRPF,

Hoxe tivemos reunión, con Madrid, da Comisión de Seguridade e Saúde Intercentros. para estudar, entre outras cousas, o protocolo de actuación para os traballadores considerados especialmente sensibles

O Servizo de Prevención recalcounos que este protocolo pretende respetar ao máximo á confidencialidade e, que nun primeiro momento, non se pedirá ningún tipo de certificación médica, só unha mera manifestación do traballador respecto a se se atopa, ou non, nese colectivo, xa sexa pola súa patoloxía (diabéticos, enfermedad cardiovascular e hipertensión, inmunodeficiencia, cancro en tratamento), ou pola súa condición (embarazadas ou maiores de 60 anos). A AEAT coméntanos que, en todo caso, a incorporación deste tipo de traballadores en postos esenciais debe ser motivada (non valerá a simple manifestación do xefe) e se mirarán todas as alternativas posibles antes da súa incorporación xa que hai que ter en conta que a primeira opción para este colectivo é o teletraballo

 

 

reunionhoxe.pdf