RESUMO MESA XERAL 29 DE MAIO 2020

30 Mai 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Na reunión de onte a Admón. Presentounos un borrador de adenda á Instrucción de 11 de maio da Directora de RR.HH. sobre a reincorporación progresiva ao posto de traballo presencial do persoal da AEAT. Despois dunha corta exposición explicándonos o contido da adenda por parte do Subdirector de RR.LL abriuse un turno de intervención por parte das organización sindicais máis representativas no ámbito da Axencia Tributaria. Por parte da Confederación Intersindical Galega, a pesar do pouco tempo para analizar o texto que se nos presenta, fixemos una serie de alegacións, verbalmente, sobre o citado borrador; en primeiro lugar destacamos, como xa fixéramos na reunión anterior, que o momento crítico no que nos atopamos pola pandemia parécenos que actuar en clave de maiorías e minorías é dunha cortedade de miras que non merece o persoal da AEAT e insistimos na busca dun consenso reclamando un esforzo por parte da Admón. para alcanzalo. Referímonos á necesidade de extremar a parte da xornada non presencial e que se mantivera o teletraballo o máximo tempo posible incluíndo a súa pervivencia no que se deu en chamar “nova normalidade”, sobre todo que non teñan que incorporarse ao traballo presencial aqueles traballadores e traballadoras con coidado de fillos ou persoas dependentes, mentras non abran os colexios e os centros de día e que se avise ca antelación suficiente ao persoal que se ten que incorporar e non que os convoquen dun día para outro.Solicitamos que non sexa obrigatorio coller os 15 de días de vacacións nos meses de verán algo que se terá que ver na Comisión de seguimento. Reclamamos a búsqueda de equilibrio entre o dereito dos contribuintes a ter un servizo público e de calidade e o dereito á saúde dos empregados e empregadas públicos. Conseguimos acotar no tempo a negociación das condicións do teletraballo pese á oposición de algún representante sindical. Dende a CIG congratulámonos que houbera consenso neste tema e que non se fixera imposición de maiorías sobre minorías e tivemos que recurrir a una obviedade ante a cegueira dalgúns ( decía o poeta: tristes tempos aqueles nos que hai que explicar o obvio) O 100% É MÁIS QUE O 60% Saúde e Terra, seguiremos traballando e informando

 

PROCESOS SELECTIVOS PENDENTES

29 Mai 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Aquí temos información sobre os procesos selectivos pendentes

 

notai.pdf

 

29 Mai 2020
Email , Categorias: Info Xeral,
 

PREVENCIÓN-SVA

27 Mai 2020
Email , Categorias: Acción Social,

O pasado venres, tras unha petición á Presidenta do Comité de Sáude Laboral, o delegado de prevención da CIG no Comité Provincial da Coruña visitou a embarcación de Vixilancia Aduaneira para comprobar in situ a aplicación das medidas e protocolos de saúde laboral. Acompañounos o responsable de Loxística da área, o cal facilitounos todas as explicacións ás nosas inquietudes, tanto as relativas á embarcación coma do vehículos de Aduanas utilizados plo noso persoal.. Coméntanos que hai stock suficiente de EPIS, tanto para vehículos como para a embarcación: máscaras, luvas de Nitrilo, lentes, fundas desechables e xel desinfectante. Na embarcación botamos en falta a afombra desinfectante, termómetro de distancia e a cartelería con información. Pedimos que as papeleiras dos baños teñan tapa de pedal e solicitámoslle fundas para o calzado (patucos cirúrxicos), tamén lle comentamos que se estudase a posibilidade de que en próximas reparacións cambiar as billas de apertura manual para apertura de pedal, (pé). Tras as nosas observacións comentounos que espera que nesta semana que entra chegue todo o material que falta de acordo cos protocolos e normativa de Prevención de Riscos Laborais. Nos vehículos coméntanos que xa teñen a empresa que se encargará da súa desinfección segundo marca o protocolo, e a maiores, que eses vehículos, tras a desinfección terannos anos precintados sobre 5 días despois do seu oso, para unha maior seguridade, Estamos á espera que se realice un curso sobre o COVID19 para todo o persoal da AEAT, pero mentres tanto, é moi importante que o persoal coñeza os protocolos e as medidas que se van aprobando na AEAT Tamén agradecemos que nos fagades chegar todas aquelas suxestións que poidan mellorar as medidas de protección para facelas chegar aos responsables pertinentes.

 

REUNIÓN MESA DA AEAT

27 Mai 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Mesa Xeral da AEAT: Instrucción de reincorporación progresiva ao posto de traballo

mesaxeralvinte.pdf

 

TELETRABALLO

26 Mai 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Durante a reunión de onte da Mesa Xeral da AEAT a CIG reclamou a convocatoria dunha Mesa de negociación para regular o horario e a xornada do persoal que está facendo teletraballo.

https://www.nosdiario.gal/opinion/adrian-rodriguez-bravo/teletraballo-trampa-mortal-clase-traballadora/20200522082254098164.html

https://www.nosdiario.gal/opinion/xose-lois-garcia/teletraballo/20200521192720098128.html

 

REUNIÓN MESA DA AEAT

25 Mai 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

REUNIÓN MESA DA AEAT

Empezou a reunión o Subdirector de RR.LL informando do documento do Ministerio de Sanidade, do venres pasado, que incorpora dúas novas patoloxías ao colectivo de persoal vulnerable, e tamén dunha condición persoal que se axusta á de persoal vulnerable. Sobre a polémica encol da Instrucción da Directora de RR.HH lanzada sen previa consulta ou negociación ca parte social o Subdirector de RR.LL asumiu toda a responsabilidade amparándose nunha lectura errónea da Resolución do Secretario de Estado de Política Territorial de 4 de maio.

Sin entrar en máis consideracións sobre este particular e remitíndonos ao escrito de protesta remitido no seu día á Directora de RR.HH, a nosa intervención baseouse na protesta enérxixa por como se está xestionando a reincorporación progresiva: desatre, caos, falta de información, desprecio aos lexítimos representantes do persoal, improvisación, disparidade de criterios ( non só entre Delegacións especiais, senón dentro das propias DD.EE e tamén dentro das delegacións entre distintos departamentos ) En fin, e sen ánimo de ser catástofristas, un caos total.

Tamén lles pedimos que se comprometan a respetar a concialiación por cuestión de menores e/ou maiores a cargo e que se teña en conta a presencia de persoal vulnerable , nin voluntariamente, nin de ninguna maneira, en traballo presencial.

Na Galiza, 22 de maio de 2020

SEGUIREMOS INFORMANDO

 

RESUMO MEDIDAS PARA VEHÍCULOS.

22 Mai 2020
Email , Categorias: Notícias Sindicato,

RESUMO MEDIDAS PARA VEHÍCULOS. USO SIMULTÁNEO.

Nas situacións puntuais nas que sexa necesario que os vehículos sexan usados simultaneamente por máis dun traballador, os ocupantes deberán utilizar máscaras de contención (cirúrxicas ou hixiénicas), salvo en servizos que requiran a ocupación por máis de 2 persoas (operativos e traslado de detidos) nas que se utilizarán máscaras de protección polos funcionarios (polo menos FFP2). CONTAMINACIÓN DOS VEHÍCULOS. Os traballadores antes de utilizar os vehículos procurarán limparse o calzado e as mans. Para iso poderán utilizarse alfombras, fregonas, dispensadores de xeles hidroalcohólicos, auga e xabón,… Recoméndase que no posible cada vehículo sexa utilizado sempre polo mesmo grupo de funcionarios.

 

 

resumovehiculos.pdf

 

Aprobación procedemento persoas sensibles

15 Mai 2020
Email , Categorias: Acción Social, Formación,

Onte quedou aprobado o protocolo para a xestión da vulnerabilidade do Covid-19, dos traballadores especialmente sensibles. Este procedimento contempla que todo aquel que pertenza aun grupo vulnerable poida traballar a distancia, esa será a primeira opción, así como que a AEAT poida facilitar medios para traballar a todo aquel que, atopándose nesa situación, non poida contar con eles. En todo caso, os traballadores que se atopen neste caso nunca se incorporarán antes da fase II.

aprobacionprotocolosensibles.pdf

 

XESTIÓN DA VULNERABILIDADE

14 Mai 2020
Email , Categorias: Formación,

O obxectivo deste procedemento é establecer a natureza da vulnerabilidade e os criterios para a prevención, adaptación e protección de persoal especialmente sensible.

gestionvulnerabilidad.pdf

 

CORONAVIRUS E TRABALLO

13 Mai 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

https://www.cig.gal/nova/desescalada-de-dereitos.html

COVID19: Todo o que tes que saber sobre como o coronavirus afecta ás relacións laborais Resposta urxente ás preguntas máis frecuentes

https://www.cig.gal/nova/covid19-todo-o-que-tes-que-saber-sobre-como-o-coronavirus-afecta-as-relacions-laborais.html

 

RESUMEN DA REUNIÓN DE HOXE DO INTERCENTROS DE SAÚDE LABORAL

12 Mai 2020
Email , Categorias: Campaña IRPF,

Hoxe tivemos reunión, con Madrid, da Comisión de Seguridade e Saúde Intercentros. para estudar, entre outras cousas, o protocolo de actuación para os traballadores considerados especialmente sensibles

O Servizo de Prevención recalcounos que este protocolo pretende respetar ao máximo á confidencialidade e, que nun primeiro momento, non se pedirá ningún tipo de certificación médica, só unha mera manifestación do traballador respecto a se se atopa, ou non, nese colectivo, xa sexa pola súa patoloxía (diabéticos, enfermedad cardiovascular e hipertensión, inmunodeficiencia, cancro en tratamento), ou pola súa condición (embarazadas ou maiores de 60 anos). A AEAT coméntanos que, en todo caso, a incorporación deste tipo de traballadores en postos esenciais debe ser motivada (non valerá a simple manifestación do xefe) e se mirarán todas as alternativas posibles antes da súa incorporación xa que hai que ter en conta que a primeira opción para este colectivo é o teletraballo

 

 

reunionhoxe.pdf

 

REUNIÓN CAMPAÑA RENDA A CORUÑA

11 Mai 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Hoxe tivemos a reunión da Campaña da Renda na Coruña. Infórmannos do siguiente:

• Inicio de campaña en teletraballo o 13 de maio. •

Horario: mañáns de 8:30 a 14:30 (cun descanso de 30 minutos) e tardes de 15:30 a 18:30. •

Da posibilidade de campaña presencial ainda non se sabe nada. •

Está calculado un promedio de 3 contribuintes hora pero iso só é unha referencia: hai que facer o horario, en canto acabes unha renda saltará a seguinte e si se acaban as dese día, saltarán as do dia seguinte. •

En principio a campaña é telemática, hasta o 30 de xuño. • Haberá un coordenador para cada 18 operadores, o que no caso da Coruña supón que haberá 3 coordenadores por sesión, xa que está previsto 34 operadores para esta plataforma. • Organizativamente haberá en toda Galicia 7 plataformas: o A Coruña o Ferrol/Carballo o Santiago o Lugo o Ourense o Pontevedra o Vigo • O persoal de Atriga se incorporará á Campaña o día 19 de maio (do 13 ao 19 farán o curso). Este persoal estará físicamente nas oficinas da AEAT (na plataforma de Renda no semisótano) pois así o decidiu a Xunta de Galicia (non se lles deu opción a teletraballo). Terán o seu propio coordenador. • En canto ao persoal de APOIO a súa labor será únicamente asistir ao contribuinte para que obteña o número de referencia. Dende a CIG solicitamos que tamén fagan a labor de recordarlle a documentación da que terá que dispor cando o chame o operador (tal e como estaba previsto nun principio). • Por un problema de coste de licencias, a Galicia só se asignaron 8 persoas de apoio (de 57 peticións que había). • En canto ao OPERADOR, un dos maiores problemas vai ser identificar ao contribuinte si non dispón da casilla 505.

• Desde a CIG fixemos especial incidencia na pouca información durante estes dous meses que nos pasaron desde a nosa Delegación, a improvisación que parece haber, a labor do apoio parécenos fundamental que recordé ao contribuinte a información da que ten que dispor o día da cita e tamén rexeitamos o local da plataforma na Coruña por non ter boa ventilación para estas circunstancias.

 

Plan de actuación para colectivos específicos

09 Mai 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Este é para os colectivos específicos

 

covidespecificospdf.pdf

 

CORONAVIRUS IV

09 Mai 2020
Email , Categorias: Formación,

Esta é a documentación vista nas reunións do 5 e 8 de maio do Comité Intercentros de PRL. Pensamos que será a definitiva.

 

covidboes.pdf

covidbases.pdf

covidgenerico.pdf

covidvehiculos.pdf

covidaeronaves.pdf

covidaeronaves.pdf

covidterceiros.pdf

 

1 2 >>