REUNIÓN CAMPAÑA RENDA

22 Abr 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Asinouse hoxe a adenda coas condicións necesarias para adaptar a Campaña da Renda as circunstancias actuais. Nas vindeiras horas recibiredes un correo para consultar a vosa disponibilidade para participar na Campaña. Se queredes participar tedes que contestar antes do 27/04/2020 as 14:00 horas.

Destacar que a participación é voluntaria e será de forma telemática. Teremos tamén formación para o uso dos medios telemáticos. As datas serán do 7 de maio ao 30 de xuño, 5:30 horas pola mañá e 3 pola tarde.

Debido ao sistema de traballo o número de citas por hora será moi reducido, entre duas e tres citas cada hora, cando en Campañas anteriores eran sobre 5 citas cada hora. Esta diferencia vaise compensar traballando máis horas, de feito a previsión é que cada operador traballe un máximo de 24 mañás e de 17 tardes, pero o número exacto dependerá do número de traballadores que se anoten para facer a Campaña. Crece o número de mañás polo que todos sabedes: os cartos. Cinco horas e media pola maña só custan 11,81 euros por operador. Non queren aumentar as tardes porque din que non hai orzamento suficiente. Este número excesivo de mañás vai facer que quen faga a Campaña terá o seu traballo ordinario desatendido durante casi 2 meses, pero a Administración di que o Xefe o terá en conta e que non nos preocupemos. Sobre a opción de abrir algún local para quen non teña medios na casa e queira facer a Campaña, vai ser moi residual, e só sería no caso de que a AEAT non lle puidese suministrar algún equipo (outro tema é o do ADSL).

Non queren que se produza un efecto arrastre, que por querer traballar unha persoa teñan que ir tres ou catro (para abrir o centro, etc.), polo que se circunscribiría só a centros que na actualidade xa están abertos (sen atención ao público). A función de apoio cambia un pouco, agora terían que chamar ao contribuinte un par de días antes para verificar uns datos de contraste e recordarlle os papeis e datos que terá que ter no momento da atención da cita (números de DNI, gastos sumados, etc.) Os módulos retributivos para horario de tarde: 24,82 € o apoio, 28,92 € o operador e 40,02 € o coordenador. Cada Delegación Especial atenderá os contribuintes desa Delegación. Os coordenadores serán a nivel Delegación.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Setembro 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
blogging tool