Acción Social 2020

21 Abr 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Mañá, mércores 22, aprobarase a Resolución da AEAT que aproba as bases reguladoras do Plan de Acción Social 2020 e convoca as axudas contempladas nel. Está previsto que a data prevista para a publicación do Plan de acción social na oficina virtual de persoal sexa o vindeiro luns 4 de maio. Isto débese a que non se pretende retrasar máis a convocatoria e favorecer así as xestións correspondentes para permitir aos traballadores o acceso á axuda prevista.

No marco da situación actual, co estado de alarma para a xestión da crise sanitaria provocada por covid-19 vixente ata o 26 de abril de 2020, e a posibilidade de sucesivas prórrogas, prevese un longo prazo para formular solicitudes. En concreto, as solicitudes de axuda correspondentes á atención a nenos menores de tres anos, desenvolvemento educativo, estudos de persoal e saúde na modalidade 2.1 terán un período de presentación desde o mesmo día 4 de maio ao 21 de xuño de 2020 . No caso das solicitudes de axuda sanitaria nas súas modalidades 2.2. e 2.3, promoción de persoal, discapacidade / dependencia, excepcional, xubilación ou incapacidade absoluta e falecemento ou gran invalidez, o prazo de presentación será do 4 de xuño ao 12 de setembro.

En calquera caso, e para evitar posibles disfuncións ou dificultades de comunicación prevese expresamente a participación da Comisión Paritaria na análise daquelas solicitudes que por circunstancias extraordinarias, como as derivadas do covid-19, poidan presentarse despois dos prazos habilitados en cada tipo de axuda. De darse esta circunstancia estudiarase a documentación xustificativa presentada para determinar se procede, ou non, a súa admisión fora dos prazos establecidos.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Junho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution