LOITA CONTRA O NARCOTRÁFEGO

28 Mar 2020
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira,

Dende a CIG-AEAT queremos felicitar ao persoal que participou neste importante operativo contra o tráfego de drogas. Na aprehensión participaron as embarcacións de Vixiancia Aduaneira de Marín e Vilagarcía, así como efectivos da Garda Civil. Esta actuación, enmarcada nunha especial situación de estado de emerxencia polo coronavirus, ven demostrar por una parte a profesionalidade do persoal actuante e por outra a pouca visión que teñen os mandos de Vixiancia Aduaneira.

En efecto, dende a CIG levamos anos pelexando porque se nos dote de máis medios humanos e materiais e a resposta sempre era que Galiza deixara de ser porta de entrada de droga en Europa e que había que concentrar os medios no sur e levante; a pesares de que se podía demostrar con datos e feitos que moita da droga incautada que aparecía nas estadísricas en Andalucía ou Canarias era en realidade droga que viña para as nosas costas, aínda que dende a rexional de Aduanas se negaran, por activa e por pasiva, a recoñecer este feito. Podemos nomear operacións con aprehensión de toneladas de cocaína que figuran como aprehensións en Cádiz ou Las Palmas pero que era droga destinada a ser desembarcada na costa galega: CORAL I, TITAN, PETRA, etc.

Por outra banda vemos como a día de hoxe o persoal do SVA non conta cos EPI´S suficientes e adecuados para desenrolar a súa labor con seguridade e eficiencia, polo tanto dende a CIG denunciamos una vez máis a precariedade de medios para que o funcionariado de Vixiancia Aduanera poida desenrolar a súa labor con seguridade e eficacia. A saúde do noso persoal é importante, queremos traballar con seguridade.Cambados 28 de marzo de 2020