HORARIOS DAS PROBAS DE CTH E AXENTES TRIBUTARIOS

04 Mar 2020
Email , Categorias: BOE/DOG na Hora,

O primeiro exercicio do proceso selectivo para o Corpo Técnico de Hacienda terá lugar o 4 de abril ás 09,30 hs. na Facultade de Dereito da Universidade de A Coruña.

https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/03/pdfs/BOE-A-2020-3018.pdf

No caso dos Axentes da Hacienda Pública, a primeira proba terá lugar tamén na Facultade de Dereito no Campus de Elviña ás 11hs do día 28 de marzo.

https://www.boe.es/boe/dias/2020/02/28/pdfs/BOE-A-2020-2853.pdf

 

A CIG PRIMEIRA FORZA SINDICAL NA GALIZA

04 Mar 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Os datos oficiais confirman a CIG como primeira forza sindical en Galiza con 4.548 delegadas e delegados

Tal e como explicou a secretaria de Organización, Susana Méndez, en rolda de prensa, porcentualmente a CIG obtivo o 29,37% e situouse como primeira forza nas comarcas da Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra e Vigo, mais tamén nas unións locais de Cee, As Pontes, A Mariña, Verín, O Salnés, O Morrazo e O Porriño. Méndez salientou ademais o medre porcentual que houbo en Ferrol, onde a CIG subiu un 6,09%, situándose como primeirísima forza cun 39,07%, mais tamén houbo incrementos importantes en Lugo, onde medrou nun 4,04%, Santiago, nun 3.41% e A Coruña, nun 2%.

Por federacións, tamén é a máis representativa na Administración Pública, na Construción, na Industria, na Sanidade, en Servizos e no Ensino Público. Nas federación de Banca e da FGAMT (que aglutina Transporte, Alimentación, Téxtil e Mar) foi a única central sindical das tres que sobe en delegadas/os.

https://www.cig.gal/nova/os-datos-oficiais-confirman-a-cig-como-primeira-forza-sindical-en-galiza-con-4-548-delegadas-e-delegados.html