PEIA 2020

31 Mar 2020
Email , Categorias: Opinión,

No día de onte fomos informados a través da Subdireción Xeral de Relacións Laborais que xa estaba asinado o creto presupuestario para o PEIA 2020 e que a autorización da Ministra xa estaba desde antes do estado de alarma. Segundo se nos informou, nese momento estaba sobre a Mesa no Comité de Dirección da AEAT un orzamento límite de 95 millóns, que permitiría manter o PEIA nos termos de anos anteriores: unha primeira parte de “Especial Intensificación de actuaciones de información y asistencia al contribuyente y de prevención del fraude tributario y aduanero”, no que estarían os pagos mensuais, e unha segunda referido a outro tipo de actuacións, que sería o PEIA tradicional

peiavinte.pdf

 

REUNIÓN COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE II

30 Mar 2020

Nota informativa ampliada sobre a reunión de hoxe do Comité de Seguridade e Saúde Intercentros

csssi.pdf

 

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE INTERCENTROS

30 Mar 2020
Email , Categorias: Eleicións,

Resume Reunión do Comité Seguridade e Saúde Intercentros
Temos en toda a AEAT en Situación 1(contaxiados ou sospeitosos): 553 casos

Situación 2. Xente que estuvo en contacto e está en reximen de baixa por cuarentena (mandarán a información)
Os de situación 1 dase aviso ao entorno mais próximo do traballador, que permanece no anonimato. Envian copia aos delegados de prevención.
A partir de hoxe son servicios esenciais SVA, informática, Aduanas e Jefaturas.Desaparecen polo tanto ordenanzas e telefonistas(mandaran datos das distintas incidencias).
Dentro dos Situación 2 desglosaran noutro apartado 2N para osque teñen familiares afectados.
Tamén nos enviara o responsable de Saúde Laboral a instrucción de Aduanas 4/2020 sobre protocolo do SVA e sobre trámites aduaneros.(entre eles falan de utilizar sempre os mesmos coches e polo mesmo persoal para evitar contaxios)

En aeronaval somentes están para operativos e destacou a gran labor que se fixo tanto en Cartagena, Ibiza e Vilagarcia. En Cartagena e Ibiza utilizaron epis tanto para o persoal como para os detidos, que foron levados por parte da Policía Nacional aos seus calabozos.Descoñece que pasou en Vilagarcia, pero que nos informará en breve.

As escoitas no ámbito de investigación dende hoxe xa se poden levar a cabo por teletraballo sen maior incidencia
Mandaran un novo protocolo reforzado tanto para desinfección como limpeza

Do resto xa falaremos, xa que non se sabe cuando voltaremos a reunirnos.O subdirector Xeral de RR.LL dixo que sin querer profundizar en tema Renta, xa están a traballar nun maior número de minutos por cita, medidas hixiénicas mamparas, etc .. pero que xa miraremos cuando toque

 

LOITA CONTRA O NARCOTRÁFEGO

28 Mar 2020
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira,

Dende a CIG-AEAT queremos felicitar ao persoal que participou neste importante operativo contra o tráfego de drogas. Na aprehensión participaron as embarcacións de Vixiancia Aduaneira de Marín e Vilagarcía, así como efectivos da Garda Civil. Esta actuación, enmarcada nunha especial situación de estado de emerxencia polo coronavirus, ven demostrar por una parte a profesionalidade do persoal actuante e por outra a pouca visión que teñen os mandos de Vixiancia Aduaneira.

En efecto, dende a CIG levamos anos pelexando porque se nos dote de máis medios humanos e materiais e a resposta sempre era que Galiza deixara de ser porta de entrada de droga en Europa e que había que concentrar os medios no sur e levante; a pesares de que se podía demostrar con datos e feitos que moita da droga incautada que aparecía nas estadísricas en Andalucía ou Canarias era en realidade droga que viña para as nosas costas, aínda que dende a rexional de Aduanas se negaran, por activa e por pasiva, a recoñecer este feito. Podemos nomear operacións con aprehensión de toneladas de cocaína que figuran como aprehensións en Cádiz ou Las Palmas pero que era droga destinada a ser desembarcada na costa galega: CORAL I, TITAN, PETRA, etc.

Por outra banda vemos como a día de hoxe o persoal do SVA non conta cos EPI´S suficientes e adecuados para desenrolar a súa labor con seguridade e eficiencia, polo tanto dende a CIG denunciamos una vez máis a precariedade de medios para que o funcionariado de Vixiancia Aduanera poida desenrolar a súa labor con seguridade e eficacia. A saúde do noso persoal é importante, queremos traballar con seguridade.Cambados 28 de marzo de 2020