ACCIÓN SOCIAL 2020

27 Fev 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Onte tivemos reunión en Madrid da Comisión Paritaria de Acción Social para facer o último seguimento á execución orzamentaria do Plan do 2019, así como para iniciar as negociacións para o do 2020. Desde a CIG solicitamos un incremento do presuposto para Acción Social e que este deixe de ser vinculante, pois xa levamos anos e anos co orzamento recortado e xa vai sendo hora de recuperar todo o que perdimos tras a crise. Así llo solicitamos tamén hai uns días na reunión co Director da AEAT e seguiremos demandandoo. Pedimos tamén que a AEAT non demore máis a negociación para que o prazo de solicitudes se abra canto antes e así posibilite que se adianten o pago das axudas e non se concentren a final de ano, como sucedeu no 2019. A AEAT entregounos un primeiro borrador de traballo con poucas modificacións respecto ao ano pasado, salvo a suba dos tramos de renda. Nas próximas semanas continuaremos as negociacións, co fin de que o Plan deste ano se poña en marcha canto antes.

Se tedes algunha suxestión ou proposta facédenola chegar. -- CIG-Axencia Tributaria Delegación AEAT A Coruña Ext:868 89 -Telf 981 61 68 89 Fax 981 12 72 22 www.CIGAEAT.COM

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software