REUNIÓN CO DIRECTOR XERAL DA AEAT

27 Fev 2020
Email , Categorias: Acción Social, Info Xeral,

A reunión transcurriu nun clima de cordialidade non exento de firmeza nas nosas reclamacións. Falando do Plan Estratéxico 2020‐2023 que se nos presentaba expuxemos que este non era o primeiro Plan da AEAT, xa houbera outros Plans de loita contra a fraude fiscal pero que vistos os datos da fraude a día de hoxe, 40 mil millóns de € según algunhas fontes, non resultaron moi exitosos. Valoramos positivamente a intención de aplicar de maneira obxectiva e con equidade o sistema tributario dando un tratamento xusto a todos os contribuintes, sin privilexios de ningún tipo, e adicar una especial atención a combatir a fraude daqueles que contan con máis recursos e medios para evitar o pago, defraudando en detrimento da cidadanía, esperamos que non se quede nunha mera declaración ese faga efectiva xa que a maior parte da fraude non se detecta nas rendas procedentes do traballo asalariado senón nos rendementos do capital.

Reunion_Director.pdf

 

ACCIÓN SOCIAL 2020

27 Fev 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Onte tivemos reunión en Madrid da Comisión Paritaria de Acción Social para facer o último seguimento á execución orzamentaria do Plan do 2019, así como para iniciar as negociacións para o do 2020. Desde a CIG solicitamos un incremento do presuposto para Acción Social e que este deixe de ser vinculante, pois xa levamos anos e anos co orzamento recortado e xa vai sendo hora de recuperar todo o que perdimos tras a crise. Así llo solicitamos tamén hai uns días na reunión co Director da AEAT e seguiremos demandandoo. Pedimos tamén que a AEAT non demore máis a negociación para que o prazo de solicitudes se abra canto antes e así posibilite que se adianten o pago das axudas e non se concentren a final de ano, como sucedeu no 2019. A AEAT entregounos un primeiro borrador de traballo con poucas modificacións respecto ao ano pasado, salvo a suba dos tramos de renda. Nas próximas semanas continuaremos as negociacións, co fin de que o Plan deste ano se poña en marcha canto antes.

Se tedes algunha suxestión ou proposta facédenola chegar. -- CIG-Axencia Tributaria Delegación AEAT A Coruña Ext:868 89 -Telf 981 61 68 89 Fax 981 12 72 22 www.CIGAEAT.COM

 

PEIA 2020

27 Fev 2020
Email , Categorias: Acción Social,

No día de onte confirmáronnos en Madrid que non está prevista convocatoria para negociar o Plan nesta última semana de febreiro por falta da autorización da Ministra de Facenda. Por tanto, a día de hoxe, descoñecemos as condicións deste Plan, e se computará, ou non, o exceso horario do mes de febreiro. Esa cuestións, así coma o resto das condicións, deberanse negociar cando teñamos a reunión do PEIA 2020, da que seredes puntualmente informados.

 

PEIA

13 Fev 2020
Email , Categorias: Produtividade,

Nota informativa da Comisión de Seguimento do PEIA

 

 

PEIA.pdf

 

FORMACIÓN DO INAP.

13 Fev 2020
Email , Categorias: Carreira, Concursos SVA,

Convocatoria das accións formativas en inglés do INAP, que se publicaron no BOE de hoxe

https://www.boe.es/boe/dias/2020/02/13/pdfs/BOE-A-2020-2147.pdf

 

RESOLUCIÓN CONCURSOS DE INFORMÁTICA

12 Fev 2020
Email , Categorias: Acción Social,

No día de hoxe quedaron resoltos os concursos de Informática do A2 e C1, que foran convocados no BOE 22/10/1019.

No concurso do A2 non houbo ningún cambio respecto aos últimos listados provisionais, e no do C1 houbo baixadas das puntuacións mínimas nos postos 66, 68 e 84, polo que resultaron adxudicatarios os que estaban en primeiro lugar, todo elo co fin de favorecer a mobilidade.

Respecto aos próximos Paneles, a Administración informounos do seguinte:

- CTH: resolverase na segunda quincena de maio (a día de hoxe teñen máis de 1.8OO solicitudes)

- Axentes Facenda Pública: convocaríase na primeira quincena de marzo

- Auxiliares e Administrativos do Estado (C1 e C2): a convocatoria sería para a segunda quincena de abril

- Estase valorando tamén a convocatoria para o A2 de Corpos Xerais --

 

 

CIG-Axencia Tributaria Delegación AEAT A Coruña

Ext:868 89 -Telf 981 61 68 89

Fax 981 12 72 22

www.CIGAEAT.COM

 

RETRIBUCIÓNS 2020

12 Fev 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Retribucións deste ano 2020, xa actualizadas coa suba do 2%. Na nómina de febreiro incluiranse os atrasos correspondentes, con efectos 1 de xaneiro.

retrivinte.pdf

 

CONCENTRACIÓN EN APOIO A CHELO e JAVIER DELEGADOS DA CIG EN XUSTIZA

05 Fev 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Lémbrase a convocatoria de concentración contra a Represión sindical, o venres 7 de febreiro ás 11.30 h. nas escaleiras dos xulgados, rúa Monforte s/n na Coruña, en apoio dos nosos compañeiros Chelo e Javier que ese día teñen un xuízo no Xulgado de Instrución nº 1 da Coruña , por mor dunha denuncia da letrada do Xulgado do Penal 6, que elevou ao xulgado a Fiscalía, por exercer o seu labor como delegados sindicais durante a folga da xustiza do ano 2018.

NON Á REPRESIÓN SINDICAL!!!   DEFENDER OS NOSOS DEREITOS NON É DELITO!!!

 

Día de permiso adicional

05 Fev 2020
Email , Categorias: Info Xeral,

Resolución de Función Pública pola que dispoñemos dun día de permiso adicional neste ano, por coincidir o 15 de agosto en sábado

 

 

diaadicional2020.pdf