A CIG critica o acordo para a suba do SMI que impide a dignificación dos salarios

23 Jan 2020
Email , Categorias: Acción Social,

A CIG denuncia que a suba do SMI pactada hoxe polo Goberno español, as organizacións patronais CEOE e CEPYME e os sindicatos UGT e CCOO queda moi por debaixo do que debera ser un incremento correspondente ao 60% do salario medio. Para a central sindical é un acordo vergoñento xa que sigue impedindo que se faga realidade de inmediato a recomendación da Carta Social Europea que establece que cando menos o SMI se sitúe no 60% do salario medio, o que de forma automática suporía pór o salario mínimo interprofesional no entorno dos 1.200€. Cómpre lembrar que os 950€ que veñen de acordar é o 60% do salario medio existente no ano 2015, polo que seguimos acumulando máis anos de atraso na igualdade salarial coa media que esixe a Carta Social Europea.

https://www.cig.gal/nova/a-cig-critica-o-acordo-para-a-suba-do-smi-que-impide-a-dignificacion-dos-salarios.html

 

SOBRE PRODUCTIVIDADE

23 Jan 2020
Email , Categorias: Produtividade,

Presentado escrito conxunto sobre productividade

productividade.pdf