COMISIÓN TÉCNICA EMPREGO E TEMPORALIDADE. Estabilización Emprego Temporal

11 Dez 2019
Email , Categorias: Acción Social,

Logo de máis de dun ano de negociacións para establecer uns criterios que permitisen o desenvolvemento dos procesos selectivos para levar a diante, do xeito máis homoxéneo posíbel, as convocatorias previstas nas Ofertas de Emprego aprobadas polos Reais Decretos 954/2028 de 27 de xullo e 19/2019 de 25 de xaneiro, nas que se recollían os postos afectados pola estabilización de emprego temporal, así como os postos afectados por sentenzas de indefinidos non fixos; chegouse a un principio de acordo que contempla os seguintes termos: Concurso de Traslados: Establecese a posibilidade de convocatorias de concursos de traslados, dirixidos para o persoal funcionario e extraordinarios para o persoal laboral, con carácter previo a oferta de postos a aquel persoal que supere os procesos selectivos; reflíctese de xeito expreso para o persoal do SEPE e contemplase naqueles supostos nos que o persoal estivese afectado por limitacións na súa mobilidade ou ben onde existan prazas obxecto de demanda por persoal que xa ostente a condición de fixo de carreira. Tipoloxía das Convocatorias: As convocatorias faranse coa natureza xurídica fixada nos reais decretos de estabilización que as prevexan (funcionarios a funcionarios, laborais de convenio a laborais de convenio, fora de convenio en fora de convenio e aqueles casos nos que se regulen por normativa específica propia, o que precise esta para o seu proceso selectivo); serán de ámbito estatal e de libre concorrencia; o proceso selectivo será o de concurso oposición, cunha porcentaxe de 40% e 60% respectivamente a cada un dos procesos. Dos procesos selectivos será competente a Comisión Permanente de Selección (INAP) para os Corpos Xerais de Funcionarios, a Dirección Xeral de Función Pública para o Persoal Laboral do Convenio Único (que poderá encomendar a súa xestión ao organismo ou departamento que acumule un maior número de postos a convocar) e do resto de Corpos e Escalas especiais ou laborais doutros convenios colectivos ou de fora de convenio, aqueles organismos que teñan a competencia específica sobre cada persoal. Na fase de concurso estableceranse criterios de valoración que terán en conta, preferentemente, os servizos prestados na Administración convocante, así como a realización de tarefas nos ámbitos funcionais ou categorías profesionais análogas aos postos obxecto de cobertura. Consistirá na valoración dos seguintes méritos: estado@cigadmon.gal 2 CIG Admón Estado a) Méritos Profesionais: valorando o desempeño de postos nos 10 últimos anos suporá o 90% da puntuación dos méritos. - Servizos prestados no corpo, escala ou categoría profesional ao que se desexa acceder: 100% da puntuación deste apartado. - Servizos prestados noutros corpos escalas ou categorías profesionais da Administración Xeral do Estado: 40% da puntuación. - Servizos prestados en corpos ou escalas doutras Administracións Públicas: 20% da puntuación. - Servizos prestados en órganos constitucionais e resto do sector público: 10% da puntuación. b) Méritos Académicos: Suporá o 10% da puntuación dos méritos. - Por dispor dunha titulación superior da esixida para o acceso ao corpo ou escala correspondente, ou ter superado algún dos exercicios correspondentes a convocatorias para o acceso libre: 25% deste apartado. - Por cursos de formación impartidos nos Planos de formación do sector público, AFEDAP ou formación para o emprego; 75% deste apartado. Na fase de oposición, os procesos selectivos convocaranse tomando como referencia, sempre que sexa posible, o proceso de promoción interna que exista para o Corpo ou Escala correspondente, ou Categoría Profesional no caso do persoal laboral; no seu defecto, tomarase como referencia o proceso de acceso libre, eximindo da realización dalgún dos exercicios previstos en dito proceso, sempre que as capacidades esixidas nesa proba poidan terse acreditadas polo desempeño do posto como persoal temporal. O contido concreto das probas a realizar e das materias esixidas, determinaranse na correspondente convocatoria polo órgano convocante. Os procesos para estabilización dos postos correspondentes ao persoal que teña a condición de indefinido non fixo por sentencia xudicial firme, convocaranse en procesos que desenvolveranse conforme as regras que se establezan para as probas do convenio único ou outros convenios. Simultaneidade dos procesos: Aplicable a todos os procesos previstos no presente acordo, na medida do posible, faranse coincidir entre eles e co proceso selectivo da correspondente convocatoria por acceso libre de carácter ordinario, de estar estas previstas. Garantía de mantemento do emprego: Para dar cobertura a aqueles postos que non se cubran nas convocatorias de estabilización, así como aqueles outros que, cumprindo os requisitos, non estean incluídos nos reais decretos de referencia; no ano 2020 convocarase un novo Real Decreto que incorpore a totalidade destes postos. O documento de acordo que contempla o conxunto destes criterios xerais, será sometido a aprobación da Comisión Técnica de Emprego e Temporalidade da Administración Xeral do Estado a celebrar o vindeiro mércores 11 de decembro.