REUNIÓN SAÚDE LABORAL

30 Nov 2019
Email , Categorias: Acción Social,

Comité de Seguridade e Saúde Intercentros

O xoves 28 tivemos reunión en Madrid do CSSI onde se trataron os seguintes asuntos: - Aprobación do Protocolo de Violencia Externa: Case catro anos despois de publicarse no BOE a Resolución da SEAP pola que se aprobaba o Protocolo de actuación fronte a violencia no traballo na Administración Xeral do Estado, na AEAT aprobouse o Procedemento de actuación fronte a violencia externa (PROSAL 1302) así como o documento complementario co Inventario de factores de risco e medidas xerais de prevención e pautas de actuación.

Nestes documentos recolléronse moitas das nosas achegas a través do grupo de traballo que se creou no seu día, así coma das que se viñan recollendo a través dos distintos Comités de Seguridade e Saúde. Nos próximos días teremos o Prosal colgado na Intranet. Desde a CIG esperamos que se lle dea, a través das distintas xefaturas, a importancia de que este procedemento merece, dándoo a coñecer ao persoal, todo elo coa formación específica que entendemos debe haber para todos aqueles que se atopen en postos de risco, sobre todo o persoal que se atopa día a día nos postos de atención ao público.

- Previsión de actuacións preventivas en Vixilancia Aduaneira: Facilitousenos documentación sobre a planificación das actuacións de prevención para o ámbito de Vixilancia Aduaneira para o 2020 (entre o que se atopa a avaliación de riscos do PETREL e postos do persoal de investigación de Coruña e Vigo) e se nos informou acerca da siniestraliedade de Vixilancia Aduaneira.

Desde a CIG solicitamos que se nos facilite esta información desglosada por Delegacións Especiais para poder analizar se hai especial incidencia dos accidentes en determinadas ámbitos xeográficos, e así coñecer os motivos e as medidas que se poden tomar. Pedimos tamén a convocatoria da Mesa de Saúde Laboral específica para Vixilancia Aduaneira - Rogos e preguntas: - Campaña de vacinación: onte asinouse o contrato de prevención e vixilancia na saúde polo que de xeito inmediato comezará a campaña de vacinación. - Solicitamos tamén que se realicen medicións do radón nas Administración e Delegacións da AEAT de Galicia