CIG INFORMA - Boletín Sindical Nº 30 - 2019

19 Set 2019
Email , Categorias: Info Xeral,

Transcorridos cinco meses das eleccións xerais, o Goberno do Estado segue en funcións. Esta é unha mostra máis da incapacidade das forzas da esquerda española para chegar a acordos e encetar un cambio real das políticas que leven á derrogación das reformas laborais, das pensións e da negociación colectiva. Unha incapacidade que acrecenta a frustración social e favorece o proceso de fascistización. A ausencia do Goberno central e a inacción do galego, máis preocupado por aparentar unha posición crítica que por exercer as súas competencias, levan a que ás portas do anuncio dunha nova recesión a situación de Galiza sexa peor que en 2008: consolídanse os empregos precarios, de escasa duración e mal remunerados; perden peso as rendas salariais no PIB; desmantélanse os sectores produtivos básicos; destrúese tecido industrial (Poligal, Maderas Iglesias, Vulcano) e ameázase a continuidade do pouco que queda por falta dunha política industrial propia (electrointensivas, automoción, naval público e privado, etc.). Dentro desta lóxica, a única saída para Galiza céntrase no fomento da eucaliptización, do turismo depredador (baixo o paraugas do Camiño de Santiago) e por fiar a creación de emprego e a dinamización económica ás decisións de Citroën e Inditex. Ningún novo proxecto que nos encamiñe a que o sector industrial alcance o obxectivo do 20% do PIB en 2020. Mentres, os Gobernos asisten pasivos á desaparición de procesos produtivos completos, como o téxtil; á concentración e centralización fóra do país de sectores como o financeiro ou das telecomunicacións; ou ao desmantelamento de actividades estratéxicas como a produción de aluminio, ferroaliaxes ou xeración de electricidade. Neste contexto, a clase traballadora galega non pode ficar pasiva; é preciso intensificar a mobilización social, provocar un cambio favorábel na correlación de forzas para lograrmos reverter estas políticas neoliberais inxustas e antidemocráticas e saírmos da crise nas mellores condicións.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Outubro 2019
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software