A CIG, primeira forza sindical do país

19 Set 2019
Email , Categorias: Info Xeral,

A catro meses do remate do período concentrado de eleccións sindicais, a CIG avanza na súa posición como primeira forza. A central chama a reforzar o traballo e apela a clase traballadora a garantir co seu voto unha representación que defenda, de xeito inquebrantábel, os seus dereitos. O avance da CIG non só é a nivel nacional. En comarcas como Vigo, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Compostela é primeira forza con porcentaxes superiores, ou de arredor do 30%. Tamén na Administración pública, na construción, na sanidade, na industria, no ensino público ou no sector servizos.

https://www.cig.gal/nova/a-cig-primeira-forza-sindical-do-pais.html