A CIG, primeira forza sindical do país |
|
19 Set 2019 |
![]() A catro meses do remate do período concentrado de eleccións sindicais, a CIG avanza na súa posición como primeira forza. A central chama a reforzar o traballo e apela a clase traballadora a garantir co seu voto unha representación que defenda, de xeito inquebrantábel, os seus dereitos. O avance da CIG non só é a nivel nacional. En comarcas como Vigo, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Compostela é primeira forza con porcentaxes superiores, ou de arredor do 30%. Tamén na Administración pública, na construción, na sanidade, na industria, no ensino público ou no sector servizos. https://www.cig.gal/nova/a-cig-primeira-forza-sindical-do-pais.html |
CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA |
|
19 Set 2019 |
![]() As mulleres galegas toman as rúas para manifestar a súa repulsa polo brutal feminicidio de Valga Celebráronse concentracións e mesmo manifestacións en decenas de cidades e vilas de Galiza
|
CIG INFORMA - Boletín Sindical Nº 30 - 2019 |
|
19 Set 2019 |
![]() Transcorridos cinco meses das eleccións xerais, o Goberno do Estado segue en funcións. Esta é unha mostra máis da incapacidade das forzas da esquerda española para chegar a acordos e encetar un cambio real das políticas que leven á derrogación das reformas laborais, das pensións e da negociación colectiva. Unha incapacidade que acrecenta a frustración social e favorece o proceso de fascistización. A ausencia do Goberno central e a inacción do galego, máis preocupado por aparentar unha posición crítica que por exercer as súas competencias, levan a que ás portas do anuncio dunha nova recesión a situación de Galiza sexa peor que en 2008: consolídanse os empregos precarios, de escasa duración e mal remunerados; perden peso as rendas salariais no PIB; desmantélanse os sectores produtivos básicos; destrúese tecido industrial (Poligal, Maderas Iglesias, Vulcano) e ameázase a continuidade do pouco que queda por falta dunha política industrial propia (electrointensivas, automoción, naval público e privado, etc.). Dentro desta lóxica, a única saída para Galiza céntrase no fomento da eucaliptización, do turismo depredador (baixo o paraugas do Camiño de Santiago) e por fiar a creación de emprego e a dinamización económica ás decisións de Citroën e Inditex. Ningún novo proxecto que nos encamiñe a que o sector industrial alcance o obxectivo do 20% do PIB en 2020. Mentres, os Gobernos asisten pasivos á desaparición de procesos produtivos completos, como o téxtil; á concentración e centralización fóra do país de sectores como o financeiro ou das telecomunicacións; ou ao desmantelamento de actividades estratéxicas como a produción de aluminio, ferroaliaxes ou xeración de electricidade. Neste contexto, a clase traballadora galega non pode ficar pasiva; é preciso intensificar a mobilización social, provocar un cambio favorábel na correlación de forzas para lograrmos reverter estas políticas neoliberais inxustas e antidemocráticas e saírmos da crise nas mellores condicións. |
Publicación no BOE resolución oposicións Vixilancia Aduaneira (Axentes e Corpo Executivo |
|
19 Set 2019 |
![]() No BOE de hoxe publicouse a resolución pola que se aproba a relación de admitidos e excluídos, data do exame, etc. das seguintes oposicións da AEAT. - Axentes de Vixilancia Aduaneira (libre e interna): https://www.boe.es/boe/dias/2019/09/16/pdfs/BOE-A-2019-13167.pdf - Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira (libre e interna). https://www.boe.es/boe/dias/2019/09/16/pdfs/BOE-A-2019-13168.pdf |