RELACIÓN DE APROBADOS DE AXENTES DA FACENDA PÚBLICA

30 Set 2019
Email , Categorias: Acción Social,

No BOE de hoxe publicouse a relación de aprobados do proceso selectivo para o ingreso no Corpo Administrativo do Estado, especialidade de Axentes de Facenda Pública (libre e interna), correspondente á Oferta de Emprego Público do 2018.  https://www.boe.es/boe/dias/2019/09/30/pdfs/BOE-A-2019-13845.pdf

 

INFORME SOBRE TRIENIOS PERSOAL LABORAL

26 Set 2019
Email , Categorias: Info Xeral,

INFORME SOBRE O DEREITO A PERCIBIR OS TRIENIOS PERFECCIONADOS COMO PERSOAL LABORAL LOGO DE SUPERAR UN PROCESO DE FUNCIONARIZACIÓN

informe_trienios.pdf

 

A CIG, primeira forza sindical do país

19 Set 2019
Email , Categorias: Info Xeral,

A catro meses do remate do período concentrado de eleccións sindicais, a CIG avanza na súa posición como primeira forza. A central chama a reforzar o traballo e apela a clase traballadora a garantir co seu voto unha representación que defenda, de xeito inquebrantábel, os seus dereitos. O avance da CIG non só é a nivel nacional. En comarcas como Vigo, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Compostela é primeira forza con porcentaxes superiores, ou de arredor do 30%. Tamén na Administración pública, na construción, na sanidade, na industria, no ensino público ou no sector servizos.

https://www.cig.gal/nova/a-cig-primeira-forza-sindical-do-pais.html

 

CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

19 Set 2019
Email , Categorias: Acción Social,

As mulleres galegas toman as rúas para manifestar a súa repulsa polo brutal feminicidio de Valga Celebráronse concentracións e mesmo manifestacións en decenas de cidades e vilas de Galiza

 

 

https://www.cig.gal/nova/as-mulleres-galegas-toman-as-ruas-para-manifestar-a-sua-repulsa-polo-brutal-feminicidio-de-valga.html

 

CIG INFORMA - Boletín Sindical Nº 30 - 2019

19 Set 2019
Email , Categorias: Info Xeral,

Transcorridos cinco meses das eleccións xerais, o Goberno do Estado segue en funcións. Esta é unha mostra máis da incapacidade das forzas da esquerda española para chegar a acordos e encetar un cambio real das políticas que leven á derrogación das reformas laborais, das pensións e da negociación colectiva. Unha incapacidade que acrecenta a frustración social e favorece o proceso de fascistización. A ausencia do Goberno central e a inacción do galego, máis preocupado por aparentar unha posición crítica que por exercer as súas competencias, levan a que ás portas do anuncio dunha nova recesión a situación de Galiza sexa peor que en 2008: consolídanse os empregos precarios, de escasa duración e mal remunerados; perden peso as rendas salariais no PIB; desmantélanse os sectores produtivos básicos; destrúese tecido industrial (Poligal, Maderas Iglesias, Vulcano) e ameázase a continuidade do pouco que queda por falta dunha política industrial propia (electrointensivas, automoción, naval público e privado, etc.). Dentro desta lóxica, a única saída para Galiza céntrase no fomento da eucaliptización, do turismo depredador (baixo o paraugas do Camiño de Santiago) e por fiar a creación de emprego e a dinamización económica ás decisións de Citroën e Inditex. Ningún novo proxecto que nos encamiñe a que o sector industrial alcance o obxectivo do 20% do PIB en 2020. Mentres, os Gobernos asisten pasivos á desaparición de procesos produtivos completos, como o téxtil; á concentración e centralización fóra do país de sectores como o financeiro ou das telecomunicacións; ou ao desmantelamento de actividades estratéxicas como a produción de aluminio, ferroaliaxes ou xeración de electricidade. Neste contexto, a clase traballadora galega non pode ficar pasiva; é preciso intensificar a mobilización social, provocar un cambio favorábel na correlación de forzas para lograrmos reverter estas políticas neoliberais inxustas e antidemocráticas e saírmos da crise nas mellores condicións.

 

Publicación no BOE resolución oposicións Vixilancia Aduaneira (Axentes e Corpo Executivo

19 Set 2019
Email , Categorias: Concursos,

No BOE de hoxe publicouse a resolución pola que se aproba a relación de admitidos e excluídos, data do exame, etc. das seguintes oposicións da AEAT.

- Axentes de Vixilancia Aduaneira (libre e interna): https://www.boe.es/boe/dias/2019/09/16/pdfs/BOE-A-2019-13167.pdf

- Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira (libre e interna). https://www.boe.es/boe/dias/2019/09/16/pdfs/BOE-A-2019-13168.pdf

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Setembro 2019
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << < Atual> >>
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution CMS