PEIA 2019

26 Fev 2019
Email , Categorias: Produtividade,

No día de hoxe asinouse o Plan de Intensificación de Actuacións para este ano 2019. Este ano tiñamos un contexto distinto, pois coas reclasificacións do Acordo de Carreira xa en marcha, que sempre reinvindicamos como prioritario por riba do PEIA, a consolidación dos pagos mensuais de febreiro a novembro, o compromiso de mellora ao persoal laboral en compensación pola ausencia da carreira, e a opinión dos compañeiros e compañeiras fixo que apoiásemos este Plan. Non damos un cheque en branco, seguiremos defendendo que os cartos da produtividade pasen a formar parte das nosas retribucións fixas e denunciaremos as inxustizas no pago da produtividade, pese a quen lle pese. Pensamos tamén que os obxectivos cúmprense co traballo do día a día e o pago desta produtividade non é máis que unha constatación desa realidade. Desde a CIG seguiremos loitando pola aplicación do Acordo de Carreira máis aló das reclasificacións deste ano e pola solución daquelas situacións anómalas que quedaron pendentes . Ese é o noso obxectivo de futuro. O plan é un calco do do ano 2018: - Dez pagos mensuais, de febreiro a novembro - Dous pagos a conta en maio e outubro - E garantía, no caso de cumprimento máximo de obxectivos, de 6 pagos a conta en cada liquidación variable. - 12 horas en total - O prazo para adherirse rematará o 11 de marzo de 2019 Acordo_PEIA_2019.pdf

PEIA_19.pdf

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Novembro 2019
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution CMS