PEIA 2019

20 Fev 2019
Email , Categorias: Produtividade,

PEIA 2019: primeira reunión

No día de hoxe a AEAT trasladounos a súa primeira proposta para o Acordo do PEIA deste ano 2019 xa que recibiron por parte do Ministerio a autorización do crédito pertinente. Explícannos desde a Dirección da Axencia que o Ministerio fixa os obxectivos a conquerir e que só haberá cartos para repartir se se consiguen eses obxectivos. No caso do persoal laboral xa están iniciadas as xestións necesarias diante da CECIR para autorizar o plan. A proposta que nos presenta a Administración é desde o noso punto de vista, inasumible, xa que, a falta dun estudio máis sosegado, podemos ver que suprimen os 10 pagos mensuais, o incremento horario vai ata as 32 horas anuais, a variable garantizada é menor e fixan uns criterios para excluir do plan menos restrictivos.

Inaceptable. Desde a CIG solicitamos que non haxa pasos atrás respecto aos anos anteriores e pedimos un incremento do importe dos pagos a conta, que permanecen invariables desde o primeiro acordo do PEIA do 2014. A Dirección de RR.HH segue a mesma política de anos anteriores: facer unha proposta disparatada na primeira reunión para logo rebaixar as pretensións e acercar posturas coa parte social. Desde CIG defendemos: Os obxectivos consíguense co traballo diario de todo o persoal e a imposición dun horario adicional contribúe moi pouco na consecución deses obxectivos. Se o persoal acepta facer un horario maior non é porque esté de acordo con iso, senón que é por non perder uns cartos que doutra maneira non cobraría, e tendo en conta o peso que cada vez máis teñen as produtividades nos nosos salarios. Hai que establecer unha garantía de proporcionalidade sobre o 100 % do crédito, xa temos a experiencia de cómo reparten cando non teñen que rendir contas a ningúen. O reparto debe atender a uns criterios coñecidos por todos previamente; ademáis haberá de motivarse suficientemente sobretodo naqueles casos que supoña una diminución para o traballador. Aínda que estamos seguros que esta proposta distará moito da que logo saia adiante, achegamos este primeiro borrador. Quedamos emprazados para unha próxima reunión que seguro terá lugar nas próximas datas.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Novembro 2019
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution CMS