Que acontece no caso das funcionarias de MUFACE?

15 Out 2018
Email , Categorias: Info Xeral,

A CIG ven de formular unha consulta vinculante perante a Axencia Tributaria para coñecer como vai actuar no caso dos descontos do IRPF practicados nas semanas do permiso de parto. Desde o punto de vista do sindicato está perfectamente claro que as retencións de IRPF practicadas ás funcionarias de carreira están afectadas pola sentenza do T. Supremo, xa que o permiso retribuído por parto regulado no Estatuto Básico do Empregado Público forma parte das situacións protexidas ao aparecer expresamente recollido na Lei Xeral da SS. Por tanto, desde a CIG animamos a todas aquelas traballadoras vinculadas a MUFACE que tiveron descontos nas nóminas mentres estiveron de permiso a que presenten reclamacións ao igual que as traballadoras que son do Réxime Xeral.

http://www.cig-ensino.gal/nova/como-reclamar-a-devolucion-das-contias-do-irpf-pola-prestacion-de-maternidade.html

 

Reunión Grupo Traballo Igualdade (08-10-2018)

11 Out 2018
Email , Categorias: Acción Social,

 

Por parte da Administración preséntanse dúas propostas dirixidas a mellorar as medidas en materia de conciliación e responsabilización familiar: Ampliación Permiso Paternidade e Bolsa de Horas de Libre disposición.

Permiso Paternidade: Ampliación progresiva ate igualar co de maternidade: 2019, 9 semanas; 2020, 13 semanas e 2021, 16 semanas. Habería unha parte fixa para utilizar inmediatamente despois do parto, e o resto podería alternarse co permiso de maternidade e non podería utilizarse simultaneamente; o permiso non será transferible.

Bolsa de Horas de libre disposición: Poderá alcanzar un máximo do 5% do total de xornada anual, con obriga de establecer un período para a súa recuperación. Non virá a substituír a ningún dos permisos existentes, terá que existir causa que o motive e esixirase xustificación.

Os detalles desta proposta poderán debaterse na xuntanza dunha Comisión Técnica de Igualdade que está previsto celebrar para o 26 de outubro.

Galiza, outubro de 2018

 

Como reclamar a devolución das contías do IRPF pola prestación de maternidade

11 Out 2018
Email , Categorias: Info Xeral,

O Tribunal Supremo (en sentenza do 3 de outubro) vén de confirmar que “as prestacións públicas por maternidade percibidas da Seguridade Social están exentas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas”. A resolución estabelece doutrina legal e, polo tanto, obriga a Axencia Tributaria a adoptar o novo criterio (contrario ao que viña facendo). Dende a CIG animamos a solicitar a devolución das retencións do IRPF indebidamente cobradas e para iso pomos a túa disposición os modelos adecuados (documentos anexos ao final desta nova).

http://cig.gal/nova/como-reclamar-a-devolucion-das-contias-do-irpf-pola-prestacion-de-maternidade.html