LISTADO DO PANEL DE AXENTES |
|
28 Set 2018 |
![]() Na Intranet corporativa xa está disponible o primeiro listado do Panel de Axentes de Facenda Pública, así como o prazo de renuncias e reclamacións (ata o mércores, 10 de outubro) Se precisades os listados ou algunha información adicional, contactade con nós. |
MESA DE CAMPAÑA DE RENDA |
|
28 Set 2018 |
![]() Nota informativa da Mesa de Campaña de Renda que tivo lugar onte en Madrid |
ACLARACIÓNS SOBRE AS RECLASIFICACIÓNS |
|
17 Set 2018 |
![]() Como xa sabedes, na AEAT estamos nun proceso para a adopción das medidas extraordinarias e singulares de adecuación dos postos de persoal funcionario na AEAT, medidas que debían ser ratificadas polo 75% do persoal da AEAT antes do 15 de setembro. A aplicación destas medidas suporá unha serie de reclasificacións debido a necesidades organizativas da propia Axencia. Moitos de vós estadesnos a preguntar nestes días o que supón a reclasificación, e as subas que ides ter. Por ese motivo tratamos de explicar nesta nota unha serie de cuestións básicas pero á vez importantes para coñecer a nosa situación administrativa e o que nos pode supoñer a reclasificación. |