ACORDO DE CARREIRA 2018

26 Jul 2018
Email , Categorias: Acción Social, Carreira,

o DÍA 24 DEXULLO tivemos en Madrid a reunión da Mesa Xeral da AEAT co fin de ratificar a aplicación das medidas organizativas da AEAT acordadas na Mesa de Carreira Administrativa do pasado xoves. A AEAT presentounos un documento onde, tomando como referencia a produtividade cobrada nun determinado período, establece os criterios que poden levar a excluir a determinados funcionarios da aplicación destas medidas. No primeiro documento exposto pretendía que se xustificara a posible exclusión das reclasificacións daqueles que estén por debaixo do 75% da media na produtividade para optar á primeira reclasificación e do 90% da segunda. A totalidade da parte social rexeitou de xeito taxante este criterio polo que tras un receso a AEAT presentounnos unha nova proposta, innegociable, na que se tomaba como criterio na que se podería excluir a aqueles que non chegaran ao 50% da media da produtividade ordinaria, por suposto sen ter en conta a produtividade voluntaria (PEIA e Renda) e na que non se tiñan en conta nin os períodos de baixa ou excedencia con reserva de posto. Tamén se establecía a necesidade dun informe motivado polo Delegado Especial correspondente e a posibilidade de estudo, caso por caso, na Mesa de Seguimento na que se tratará toda a casuísitica que traerán consigo as reclasificacións. Aínda que a AEAT defendía, unha e outra vez, que os casos de exclusión serán ex

Mesa_Xeral_da_AEAT.pdf

Acordo.pdf