PUBLICADOS OS ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO

04 Jul 2018
Email , Categorias: Acción Social,

No Boletín Oficial do Estado do día de hoxe publicáronse os Orzamentos Xerais do Estado deste ano 2018. - Nestes presupostos recóllese unha suba do 1,5% para as retribucións do persoal ao servizo do sector público, que se abonará con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2018. A porcentaxe ligada ao PIB (o 0,25% adicional) abonarase con efectos do 1 de xullo deste ano. - Tamén se recollen determinadas instruccións en relación a Oferta de Emprego Público, fixándose a taxa de reposición no 100% naqueles sectores que cumpran os obxetivos de estabilidade presupuestaria e aqueles considerados prioritarios ( Ensino, Sanidade, Forzas Armadas, loita contra o fraude fiscal e laboral, entre outros). No resto dos sectores que non cumpran os obxectivos de estabilidade presupuestaria a taxa de reposición será do 75%. Nos pasados días a CIG, sindicato coa condición de máis representativo no ámbito das AA.PP, solicitou unha reunión co novo Secretario de Estado de Función Pública co fin de tratar todos aqueles asuntos relativos ás condicións de traballo do persoal que presta servizos na Administración Xeral do Estado e da que seredes puntualmente informados.

http://www.boe.es/boe/dias/2018/07/04/