Aceptación medidas organizativas (RECLASIFICACIÓNS)

27 Jul 2018
Email , Categorias: Acción Social,

Achegamos información sobre a posta en marcha das medidas organizativas para as reclasificacións. IMPORTANTE: QUEN ESTÉ INTERESADO TEN QUE ACEPTALAS EXPRESAMENTE ANTES DO 15 DE SETEMBRO A TRAVÉS DO ENLACE QUE HAI NA OFICINA VIRTUAL

Asunto: Consulta medidas organizativas. La Dirección General ha elevado a la Presidencia de la Agencia Tributaria una “Propuesta de criterios objetivos de medidas extraordinarias y singulares de adecuación de los puestos de personal funcionario de la AEAT”, habiendo manifestado conformidad con la misma todas las organizaciones sindicales representativas en la Agencia Tributaria. Toda la información al respecto se puede consultar en la Intranet Corporativa, dentro del canal Información al personal -> Área informativa de RRHH -> Medidas Organizativa. Es necesario que por parte de los funcionarios se manifieste la conformidad con las medidas contestando una consulta disponible en la Oficina Virtual del Personal, en el área de Enlaces rápidos. También se encontrará disponible en la Oficina Virtual Externa La no contestación de esta consulta por la Oficina Virtual del Personal se entenderá como una negativa a participar en las medidas. El plazo para participar en esta consulta finaliza antes del 15 de septiembre de 2018.

 

ACORDO DE CARREIRA 2018

26 Jul 2018
Email , Categorias: Acción Social, Carreira,

o DÍA 24 DEXULLO tivemos en Madrid a reunión da Mesa Xeral da AEAT co fin de ratificar a aplicación das medidas organizativas da AEAT acordadas na Mesa de Carreira Administrativa do pasado xoves. A AEAT presentounos un documento onde, tomando como referencia a produtividade cobrada nun determinado período, establece os criterios que poden levar a excluir a determinados funcionarios da aplicación destas medidas. No primeiro documento exposto pretendía que se xustificara a posible exclusión das reclasificacións daqueles que estén por debaixo do 75% da media na produtividade para optar á primeira reclasificación e do 90% da segunda. A totalidade da parte social rexeitou de xeito taxante este criterio polo que tras un receso a AEAT presentounnos unha nova proposta, innegociable, na que se tomaba como criterio na que se podería excluir a aqueles que non chegaran ao 50% da media da produtividade ordinaria, por suposto sen ter en conta a produtividade voluntaria (PEIA e Renda) e na que non se tiñan en conta nin os períodos de baixa ou excedencia con reserva de posto. Tamén se establecía a necesidade dun informe motivado polo Delegado Especial correspondente e a posibilidade de estudo, caso por caso, na Mesa de Seguimento na que se tratará toda a casuísitica que traerán consigo as reclasificacións. Aínda que a AEAT defendía, unha e outra vez, que os casos de exclusión serán ex

Mesa_Xeral_da_AEAT.pdf

Acordo.pdf

 

25 de Xullo, DÍA DA PATRIA GALEGA

24 Jul 2018
Email , Categorias: Acción Social,

A clase traballadora galega non renuncia á súa Patria. POR UNHA GALIZA CEIBE E SEN EXPLOTACIÓN!

http://cig.gal/…/a-cig-fai-un-chamamento-a-participar-o-vin…

 

REACTIVACIÓN DO ACORDO DE CARREIRA ADMINISTRATIVA

20 Jul 2018
Email , Categorias: Info Xeral,

Onte tivemos en Madrid a reunión da Mesa de Seguimento de Carreira Administrativa co fin de estudar a viabilidade das reclasificacións que levamos tanto tempo esperando. A AEAT, na súa intervención inicial, deixou ben claro que a proposta que presenta na mesa é algo excepcional e que o único encaixe legal que atopa para poder defender as reclasificacións é a adopción de medidas de carácter organizativo e puntuais polas especiais circunstancias deficitarias na que se atopa a Axencia e que dalgún modo quede reflectido que o persoal está asumindo función de superior categoría.

Mesa_de_Carreira.pdf

PropostAEAT.pdf

 

A mobilización social é a que permitirá a recuperación dos dereitos

04 Jul 2018
Email , Categorias: Info Xeral,

http://cig.gal/nova/a-mobilizacion-social-e-a-que-permitira-a-recuperacion-dos-dereitos.html

Xa é hora de recuperar os nosos dereitos. Esta foi a consigna baixo a que a CIG se mobilizou o pasado 19 de xuño para esixirlle ao novo Goberno do PSOE pasos firmes para a derrogación e anulación das reformas antiobreiras e antisociais impostas so pretexto da crise. Rematar con estas políticas será a única maneira de rachar coa precarización laboral e o empobrecemento dos salarios. Mais para lograr este obxectivo, a clase obreira debe rearmarse dende as rúas e os centros de traballo, demostrando a súa capacidade de loita para esixir un calendario real de recuperación dos dereitos que permita ter emprego, salarios e pensións dignas na Galiza.

 

PUBLICADOS OS ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO

04 Jul 2018
Email , Categorias: Acción Social,

No Boletín Oficial do Estado do día de hoxe publicáronse os Orzamentos Xerais do Estado deste ano 2018. - Nestes presupostos recóllese unha suba do 1,5% para as retribucións do persoal ao servizo do sector público, que se abonará con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2018. A porcentaxe ligada ao PIB (o 0,25% adicional) abonarase con efectos do 1 de xullo deste ano. - Tamén se recollen determinadas instruccións en relación a Oferta de Emprego Público, fixándose a taxa de reposición no 100% naqueles sectores que cumpran os obxetivos de estabilidade presupuestaria e aqueles considerados prioritarios ( Ensino, Sanidade, Forzas Armadas, loita contra o fraude fiscal e laboral, entre outros). No resto dos sectores que non cumpran os obxectivos de estabilidade presupuestaria a taxa de reposición será do 75%. Nos pasados días a CIG, sindicato coa condición de máis representativo no ámbito das AA.PP, solicitou unha reunión co novo Secretario de Estado de Función Pública co fin de tratar todos aqueles asuntos relativos ás condicións de traballo do persoal que presta servizos na Administración Xeral do Estado e da que seredes puntualmente informados.

http://www.boe.es/boe/dias/2018/07/04/

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2018
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << < Atual> >>
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software