XORNADA NACIONAL DE LOITA

18 Jun 2018
Email , Categorias: Acción Social,

Convocamos unha XORNADA NACIONAL DE LOITA para o vindeiro martes 19 de xuño en todas as comarcas, para esixir un cambio inmediato de políticas, a derrogación das reformas laborais que nos empobrecen; para conseguir avances reais para as mulleres; na defensa dunhas pensións públicas; para rematar cos abusos da patronal; para frear as políticas de recorte contra a xente desempregada; para acabar coa privatización de servizos públicos; para impedir o retroceso nas liberdades e dereitos fundamentais e conquistar o dereito a vivir e traballar dignamente na nosa terra. A loita é o único camiño!

XORNADA NACIONAL DE MOBILIZACIÓNS - 19 DE XUÑO A Coruña: Praza de Vigo, 20h Cee: Praza 8 de marzo 20h Ferrol: Praza de España, 20h Santiago: Praza Roxa, 20h Pontevedra: Praza da Ferreiría 20h Vilagarcía: Casa do Mar, 20h A Estrada: Praza do Mercado, 20h Vigo: A Doblada, 20h Ourense: Edificio Sindical (Parque de San Lázaro), 20h Lugo: Edificio Sindical (Ronda da Muralla), 20h Burela: Local CIG (Avda. Arcadio Pardiñas), 20h Monforte: Praza de España, 20h As Pontes: Praza do Hospital, 19:30h A Pobra do Caramiñal: Cantón da Leña, 20h

 

HORARIO DE VERÁN

04 Jun 2018
Email , Categorias: Carreira,

Lembrade que os empregados públicos con fillos, descendentes ou persoas suxeitas a súa tutela ou acollemento de ata 12 anos de idade (incluido o ano no que o menor cumpra 12 anos) teñen ampliación da xornada intensiva desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro de cada ano.

 

HorarioVERAN.pdf

 

MESA DE CARREIRA

04 Jun 2018
Email , Categorias: Especialidades,

 

A CIG, firmante do Acordo de Carreira Administrativa, presentou á AEAT as súas propostas para a Mesa de Carreira que esperemos teña lugar nos próximos días. No escrito que presentamos recóllense moitas das cuestións que nestes días nos fixéstedes chegar. Outras comentarémolas na Mesa. Nos últimos tempos mantivemos contactos con diversos grupos políticos no Congreso dos Deputados para que a nosa carreira vaia adiante. Ten que saír. Respecto ao que estamos vendo nestes días, relativo a que a situación política pode "paralizar" os compromisos adquiridos, desde a CIG non admitiremos ningunha excusa dese estilo. O acordo asinouse o 14 de novembro de 2007. Desde aquela, momento no que se reclasificaron os postos de traballo para situar a cada traballador no tramo que lle correspondía segundo a súa antigüidade, non vimos máis reclasificacións (salvo os postos de entrada), non se convocaron concursos, sufrimos recortes de todo tipo, a AEAT perdeu 3.000 traballadores...¿qué máis?. A avaliación de riscos psicosociais feita na AEAT revela un descontento evidente dos traballadores desta casa coa política retributiva da AEAT, hai que poñerlle remedio. Tamén hai razóns organizativas evidentes para que o Acordo de Carreira se reactive. Se, de xeito inmediato, non se convoca a mesa de Carreira e a Mesa Xeral para poñerlle remedio, desde a CIG entend​émolo como que aos dirixentes desta casa preocúpalles máis o seu propio futuro que o dos traballadores da AEAT.

Carreira.pdf

 

MESA DE CAMPAÑA DE RENDA

04 Jun 2018
Email , Categorias: Info Xeral,

Renda.pdf

Tivemos reunión da Mesa de seguimento do acordo de renda a que se trasladaron os problemas que imos tendo nas diferentes plataformas. Como era de esperar, a Administración fai unha valoración positiva da marcha da campaña, tanto nas plataformas de renda como a través de internet e do plan Le llamamos. Dende CIG fixemos incidencia nas seguintes cuestións: • Problemas coa cita telefónica e o plan Le llamamos: • Problemas coa presentación de rendas en galego • Problemas cos cambios de turno • Módulo de productividade por colaboración dentro da xornada ordinaria • Pedimos que nos listados de produtividade se separen os distintos tipos de produtividade pola campaña de renda (dentro e fóra da xornada). • Trasladamos a denuncia dos teleoperadores con discapacidade subcontratados nas oficinas de Madrid polas condicións das oficinas. • Tempo por cita de 10 minutos é escaso ainda que este ano está compensado coa gran cantidade de citas dobres que se están a dar (30% do total). • Renta Web