Gran lección de dignidade dos traballadores e traballadoras de Xustiza |
|
30 Abr 2018 |
![]() Os traballadores e as traballadoras de xustiza deron hoxe unha enorme lección de dignidade rexeitando o preacordo "da traizón" asinado onte por USO, CCOO, UGT e CSIF coa Xunta de Galiza: 836 votos en contra por 746 votos a favor. Unha mensaxe clara para Rueda, Feijoo e os catro sindicatos asinantes: a única proposta válida, e sobre a que hai que negociar, é a última presentada pola parte social. http://cig.gal/nova/gran-leccion-de-dignidade-dos-traballadores-e-traballadoras-de-xustiza.html |
1º DE MAIO, CAMIÑANDO CARA A FOLGA XERAL |
|
30 Abr 2018 |
![]() A CIG convoca manifestacións en cidades e vilas para o vindeiro Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, baixo o lema “Pola recuperación dos nosos dereitos. Contra a pobreza e a precariedade. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas”. A central sindical fai un chamamento a camiñar cara a unha folga xeral “no convencemento de que é a resposta necesaria” ante a situación que estamos a vivir. |
ACORDO CAMPAÑA RENDA |
|
19 Abr 2018 |
![]() Dende CIG consideramos que aparte do económico, hai outros aspectos que debían mellorarse sobre todo na parte organizativa. As peticións que trasladamos, e dos que a AEAT tomou nota foron, entre outras, as seguintes: • Estamos en contra da externalización de servizos: non é razonable que sexa unha empresa externa quen atenda servizos propios da AEAT ou incluso manexe datos fiscales dos contribuintes. • Que se reconoza o inicio da campaña xa empezou estes días, non teñen máis que pasarse polas delegacións ou administracións (ou comprobar os datos das citas no Ateneo) para comprobar o gran número de contribuintes que están acudindo as nosas oficinas para pedir información, datos, certificados… en relación coa Campaña da Renda; que non sexan rácanos no reparto dos módulos polo traballo das mañás sobre todo na atención ao público, é evidente a maior carga de traballo que teñen estes compañeiros. • Pedimos máis e mellor formación, sobre todo práctica; é incrible que a estas alturas ainda non esté a nosa disposición o manual da renda 2017. • O apoio informático é fundamental e ten que estar asegurado: hoxe si non funcionan os ordenadores, fallan as impresoras ou cae a rede, non podemos traballar. |
XUSTIZA EN LOITA |
|
11 Abr 2018 |
![]() Persoal de xustiza toma as rúas de Compostela para exixir da Xunta que sente a negociar e remate o conflito A manifestación desenvolveuse no día no que se cumprían 60 xornadas de folga |
15 DE ABRIL, XORNADA NACIONAL DE MOBILIZACIÓNS EN DEFENSA DAS PENSIÓNS PÚBLICAS |
|
02 Abr 2018 |
![]() A CIG convoca unha xornada nacional de mobilizacións en defensa das pensións públicas e pola recuperación dos dereitos roubados O domingo 15 de abril haberá manifestacións e concentracións ao longo de toda Galiza |
CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS A AXENTES DO SVA |
|
02 Abr 2018 |
![]() no BOE de hoxe publicouse a convocatoria do proceso selectivo de Axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira (interna e libre). http://www.boe.es/boe/dias/2018/04/02/pdfs/BOE-A-2018-4498.pdf |