15 Mar 2018
Email , Categorias: Acordos,

A Administración ofrece un acordo exactamente igual ao do ano anterior; suba CERO, novidades CERO. Mira que se lles insistiu en que nos deran o borrador con antelación, pero dalles igual: convócannos ás 11:30, os responsables da AEAT chegan media hora tarde e aínda por riba coa mesma proposta do ano pasado.Unha vergoña. Nin siquiera teñen a decencia de trasladar aos módulos o suba acordada o venres en Función Pública. Despois da pretenciosa campaña publicitaria de “Una campaña en evolución constante” que nos venderon na reunión anterior pensabamos que a evolución tamén ía verse na proposta pero de momento nada cambia para os traballadores da AEAT. Deuse a reunión por rematada ao pouco de comezar polo que seguimos sen acordo de renda.

Desde a CIG insistiremos en: Pedir un aumento dos módulos retributivos nunha porcentaxe suficiente para recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos anos Recordarlles que a Campaña xa comeza nestes días (a partir do 15 de marzo xa están disponibles os datos fiscais e o incremento de xente pedindo información é considerable). Hai que asegurar a presenza de apoio informático nas plataformas (dependemos máis que nunca de que non fallen os equipos) A formación práctica é fundamental (co programa que teremos que utilizar) A Comisión de Seguimento debe funcionar con axilidade para resolver os problemas que teñen os traballadores: vacacións, criterios de participación, reparto das quendas, tempo por cita, etc.

MesaRenda.pdf

 

ACORDO GOBERNO PP CON CC.OO,UGT E CSIF; OUTRA VOLTA MÁIS DE TUERCA

15 Mar 2018
Email , Categorias: Acordos,

O acordo de Montoro cos sindicatos estatais só permitirá recuperar un 0,48% anual do poder adquisitivo perdido até o 2020. Recuperar o que nos foi recortado nos últimos 8 anos levaríanos 28 anos de se manteren os criterios dun acordo, pactado como vén sendo habitual fóra das mesas de negociación, e que desvincula os salarios do persoal das administracións públicas do IPC. Nas formas e no fondo, novamente un acordo entre o Ministerio de Facenda e as organización sindicais habituais (CC.OO., UGT e CSIF) volve a poñer en claro como se entende a negociación colectiva e como se xoga cos e coas traballadoras das administracións públicas. Vendido publicamente como un acordo para recuperación do poder adquisitivo do persoal, como unha vía para o incremento de postos de traballo no sector público e como a recuperación do 100% das nosas retribución en casos de baixa médica, o texto do acordo dista moito de responder a esas premisas, o que levou á CIG a criticalo na Mesa Xeral das Administracións Públicas reunida  en Madrid e a non asinalo.

CIG presentou as súas propias propostas. Fronte ao acordo que condiciona totalmente o debate na Mesa Xeral Estatal, a CIG defendeu unha proposta que incide realmente na recuperación da perda de poder adquisitivo, fixando para estes efectos unha suba adicional sobre o Acordo acadado entre o Goberno e os sindicatos estatais dun 2,54% en 5 anualidades, para recuperar o 13,20% de poder adquisitivo perdido no período 2010-1017, incluindo unha cláusula de garantía salarial por desviación do IPC. Estas cifras suporían que nun quinquenio todo o persoal que traballa nas AA.PP. podería recuperar o poder adquisitivo, o que nos permitiría afirmar con absoluta certeza que camiñamos, cun final fixado e perceptíbel, cara a recuperación do que nos quitaron.

Acordo_recortes.doc