INFORMACIÓN SOBRE DISFRUTE DE PERMISOS RETRIBUÍDOS

28 Mar 2018
Email , Categorias: Acción Social,

OS PERMISOS RETRIBUÍDOS COMEZAN A COMPUTAR NO PRIMEIRO DÍA EN QUE HAXA OBRIGA DE TRABALLAR

O Tribunal Supremo mudou a súa doutrina sobre cal é o día de inicio dun permiso retribuído. Nunha sentenza ditada o 13 de febreiro de 2018, o Tribunal Supremo fai unha nova interpretación do artigo 37.3 do Estatuto dos traballadores, que regula o descanso semanal, festas e permisos. Dado que a norma di que “o traballador poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración”, o Tribunal entende que o primeiro día de permiso non pode ser un día en que a persoa non teña a obriga de traballar, pois en tal caso non se produce a ausencia.

Informa-27032018.pdf

 

O BNG pide manter os postos de traballo e servizos das delegacións da Axencia Tributaria

16 Mar 2018
Email , Categorias: Info Xeral,

A deputada do BNG, Noa Presas defendeu hoxe, a través dunha proposición non de lei, instar á Xunta de Galiza a dirixirse ao goberno central para demandar que as administracións en Galiza da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) recuperen os índices de traballadores e traballadoras do ano 2000 garantindo, en igualdade de condicións ao longo do territorio, “a atención ao público para o asesoramento e servizos que presta”. Presas denunciou que se está a levar a cabo un “desmantelamento encuberto” das delegacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) no territorio galego. Para a deputada, os datos son alarmantes ao constar unha media dun recorte do “37% de persoal dende o ano 2000 ao 20017”. Desta forma, dixo, téñense amortizado prazas de persoal, ao que sumou unha praxe dunha aplicación mal entendida da “administración dixital” ou “tele administración”, e unha insuficiencia na atención telefónica.

http://www.bng.gal/articulo/novas/bng-pide-manter-postos-traballo-servizos-das-delegacions-da-axencia-tributaria-galiza/20180316143349021800.html

 

A CIG rexeita o acordo retributivo para persoal das administracións públicas asinado por CCOO, UGT e CSIF co goberno do PP

16 Mar 2018
Email , Categorias: Info Xeral,

A Área Pública da CIG rexeitou, na Mesa Xeral das Administracións Públicas, celebrada esta semana, o acordo retributivo asinado entre os sindicatos estatais e o goberno do PP porque non inclúe a recuperación do roubado, nin vincula as subas salariais ao IPC. Ademais opúxose a que se destinen máis de 5 millóns de euros para subvencionar ás organizacións sindicais, tal e como se recolle no novo Acordo de Formación para o Emprego do persoal das Administracións Públicas.

http://www.cig.gal/nova/a-cig-rexeita-o-acordo-retributivo-para-persoal-das-administracions-publicas-asinado-por-ccoo-ugt-e-csif-co-goberno-do-pp.html

 

15 Mar 2018
Email , Categorias: Acordos,

A Administración ofrece un acordo exactamente igual ao do ano anterior; suba CERO, novidades CERO. Mira que se lles insistiu en que nos deran o borrador con antelación, pero dalles igual: convócannos ás 11:30, os responsables da AEAT chegan media hora tarde e aínda por riba coa mesma proposta do ano pasado.Unha vergoña. Nin siquiera teñen a decencia de trasladar aos módulos o suba acordada o venres en Función Pública. Despois da pretenciosa campaña publicitaria de “Una campaña en evolución constante” que nos venderon na reunión anterior pensabamos que a evolución tamén ía verse na proposta pero de momento nada cambia para os traballadores da AEAT. Deuse a reunión por rematada ao pouco de comezar polo que seguimos sen acordo de renda.

Desde a CIG insistiremos en: Pedir un aumento dos módulos retributivos nunha porcentaxe suficiente para recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos anos Recordarlles que a Campaña xa comeza nestes días (a partir do 15 de marzo xa están disponibles os datos fiscais e o incremento de xente pedindo información é considerable). Hai que asegurar a presenza de apoio informático nas plataformas (dependemos máis que nunca de que non fallen os equipos) A formación práctica é fundamental (co programa que teremos que utilizar) A Comisión de Seguimento debe funcionar con axilidade para resolver os problemas que teñen os traballadores: vacacións, criterios de participación, reparto das quendas, tempo por cita, etc.

MesaRenda.pdf

 

ACORDO GOBERNO PP CON CC.OO,UGT E CSIF; OUTRA VOLTA MÁIS DE TUERCA

15 Mar 2018
Email , Categorias: Acordos,

O acordo de Montoro cos sindicatos estatais só permitirá recuperar un 0,48% anual do poder adquisitivo perdido até o 2020. Recuperar o que nos foi recortado nos últimos 8 anos levaríanos 28 anos de se manteren os criterios dun acordo, pactado como vén sendo habitual fóra das mesas de negociación, e que desvincula os salarios do persoal das administracións públicas do IPC. Nas formas e no fondo, novamente un acordo entre o Ministerio de Facenda e as organización sindicais habituais (CC.OO., UGT e CSIF) volve a poñer en claro como se entende a negociación colectiva e como se xoga cos e coas traballadoras das administracións públicas. Vendido publicamente como un acordo para recuperación do poder adquisitivo do persoal, como unha vía para o incremento de postos de traballo no sector público e como a recuperación do 100% das nosas retribución en casos de baixa médica, o texto do acordo dista moito de responder a esas premisas, o que levou á CIG a criticalo na Mesa Xeral das Administracións Públicas reunida  en Madrid e a non asinalo.

CIG presentou as súas propias propostas. Fronte ao acordo que condiciona totalmente o debate na Mesa Xeral Estatal, a CIG defendeu unha proposta que incide realmente na recuperación da perda de poder adquisitivo, fixando para estes efectos unha suba adicional sobre o Acordo acadado entre o Goberno e os sindicatos estatais dun 2,54% en 5 anualidades, para recuperar o 13,20% de poder adquisitivo perdido no período 2010-1017, incluindo unha cláusula de garantía salarial por desviación do IPC. Estas cifras suporían que nun quinquenio todo o persoal que traballa nas AA.PP. podería recuperar o poder adquisitivo, o que nos permitiría afirmar con absoluta certeza que camiñamos, cun final fixado e perceptíbel, cara a recuperación do que nos quitaron.

Acordo_recortes.doc

 

8 DE MARZO, FOLGA DAS MULLERES

06 Mar 2018
Email , Categorias: Acción Social,

O feminismo galego enche as rúas de Vigo para reivindicar un futuro digno para as mulleres nunha sociedade igualitaria, xusta e libre Milleiros de persoas participan nunha marcha na que se chamou a participar na folga do 8-M

http://www.cig.gal/nova/o-feminismo-galego-enche-as-ruas-de-vigo-para-reivindicar-un-futuro-digno-para-as-mulleres-nunha-sociedade-igualitaria-xusta-e-l.html

https://www.facebook.com/cigconfederacionintersindicalgalega/videos/939567209527232/